Prensa obreira

Xunta de Galicia

Seccion sindical da C.N.T. na Xunta de Galicia

Crónica da Asemblea de traballadores/as da Xunta en Monelos (A Coruña) 23/2/12

Ás 13:30 no salón de actos de Monelos celebróuse unha nova Asemblea que, se ben non reuníu tanta xente como a anterior (ún dos representantes dos traballadores que a dirixía cifrou a asistenza nun terzo da anterior), tivo idéntica natureza de reunión informativa.

Crónica asemblea de traballadores/as de San Caetano 23/2/12

Comezou a asemblea ás 12:40 cun salón de actos cheo (300 persoas). Os sindicatos repartiron a orde do día ao comezo o que permitiu saber do que se ía falar. A presidencia de mesa, Pilar (CIG) deu a palabra a varios delegados dos distintos sindicatos que foron comentando o estado do anteproxecto e as mobilizacións pactadas.

Entrevista á sección sindical na Xunta

A radio livre da comarca de Ferrol "Radio Filispim" ven de facer un programa especial contra a chamada "LEI DE MEDIDAS DO EMPREGO PÚBLICO" da Xunta de Galicia. Información, audios e presenza de diversas voces sindicais no estudio [CIG e CNT].

Crónica da Asemblea de traballadores/as da Xunta en San Lázaro (Compostela) 9/2/12

Iniciamos a asemblea ás 11:00 do día 09/02/2011 no salón de actos de San Lázaro cun cheo absoluto. Reunidos representantes dos catro sindicatos maioritarios (CSIF, CIG, CCOO e UGT) en representación da Xunta de Persoal e do Comité de Empresa e por outro lado os traballadores de San Lázaro que asistiron á asemblea.

Crónica da Asemblea de traballadores/as da Xunta en San Caetano (Compostela) 9/2/12

Lugar e data: San Caetano. Salón de actos n.º 1. Xoves 9, ás 11 horas.
Convoca: Xunta de Persoal e Comité de Empresa de SSCC

Presidencia de mesa: Pilar (CIG). Presidenta da Xunta de Persoal de SSCC.
No estrado, de pé e sentados na primeira bancada: delegados do Comité de Empresa e da Xunta de Persoal de SSCC dos sindicatos CIG, CCOO, UXT e CSIF, así como delegados doutras localidades.
Asisten máis de 300 traballadores/as que abarrotan o salón de actos, cun numeroso grupo fora que non pode acceder.

Crónica da Asemblea de traballadores/as da Xunta en Monelos (A Coruña) 7/2/12

Convocados baixo o lema "Participa nas asembleias, decide", máis de duascentas persoas de tódalas categorías do emprego público ateigamos o pasado martes 7 o salón de actos do edificio administrativo de Monelos. Ningunha  butaca libre, xente polos corredores do salón e ducias de persoas abarrotando as entradas, tentando ouvir e facerse escoitar.

Presentación da proposta organizativa para as asembleas da Xunta

02/02/2012 12:00
02/02/2012 12:30

A unión é a forzaBaixo o título “Proposta de organización das asembleas da Xunta” a sección de CNT na Xunta presenta na segunda edición do café combativo, este xoves 2/2/12 ás 12h. no salón de actos nº2 de San Caetano, a proposta organizativa que trasladará á vindeira asemblea de traballadores/as públicos.

"O obxectivo é retomar as asembleas na Xunta"

Esta é a proposta que a sección de CNT na Xunta de Galicia presentou onte na reunión convocada en San Caetano: artellar a protesta desde a base facendo asembleas de traballadores/as e actos reivindicativos de maneira regular como defensa ante os recortes laborais e sociais presentes e futuros.

Eis un resumo desta reunión, ou primeiro "café combativo": 
O acto arrancou ás 11:35h de mans de Pablo Paz, delegado da sección, que comezou agradecendo a asistencia dos presentes (unha treintena) e presentando brevemente a sección de CNT na Xunta e o seu modo de funcionamento horizontal co que xa levamos traballando desde fai anos centrados na Consellería de Educación, e que agora amplia o seu campo de actuación polo crecemento da afiliación na Xunta. 
A continuación, pasouse a falar dos recortes, os que xa se fixeron e xa nos afectaron como o retraso na idade de xubilación, a redución salarial,... dos que estamos vendo noutros paises "intervidos" da zona euro e, por suposto, dos que "se esperan": máis redución salarial, aumento de horas de traballo, aumento xeralizado de prezos, reformas laborais, trocos nas políticas sanitarias e educativas, nova reforma laboral, "mini-jobs"... todo seguindo os dictámenes e políticas neoliberais do BCE-FMI que non teñen outro obxectivo que PRIVATIZAR, canto máis millor. Así, se propicia o lucrativo negocio da contratación de empresas que substitúen servizos e empregados públicos a un custo bastante máis elevado, porque sempre PRIVATIZAR É MÁIS CARO e significa una precarización evidente do traballo, como vemos diariamente nas subcontratas da Xunta. Todo isto, acompañado das clásicas mentiras verquidas polos medios de comunicación e do seu linchamento mediatico, sobre todo dos empregados/as públicos.
Así, pídennos a tod@s outro novo esforzo, disque non hai cartos!! Pero todos sabemos que si hai cartos para algunhas cousas: para subvencións (partidos políticos, sindicatos, medios de comunicación, colexios profesionais, etc etc), para pagar astronómicas indemnizacións de banqueiros (como as da nova caixa-banco Galicia, CAM,...) ou para que, directamente, nolos rouben políticos corruptos e empresarios corruptores (igape, campeón, Urdangarín, gürtel,...).
Ante esta situación, pensamos que xa hai moitos motivos para protestar: 
porque nos afecta directamente a nos e aos nosos, que vexan que non os cremos!!
porque aínda é legal protestar e podemos saír á rúa con certa normalidade
porque somos persoas solidarias e temos unha responsabilidade por ser, ata o de agora, os traballadores con millores condicións para protestar e reclamar
porque somos nos os que vemos as "políticas" de primeira man... 
e porque hai esperanzas, xa que xuntos somos moitos e podemos conseguir un futuro digno ou, polo menos, un futuro menos malo... moitas veces, son os pequenos xestos os que logran grandes cousas e sempre, os traballadores e traballadoras, temos máis forza da que nos pensamos.
Para artellar a protesta na Xunta, desde a sección de CNT pensamos que teremos que pasar inevitablemente pola autoorganización, é dicir, por un modelo horizontal de decisión desde abaixo. Nos propoñemos a convocatoria de asembleas de traballadores/as e actos de protesta de maneira regular, seguindo a liña de acción: aprender a organizarnos, aprender a funcionar e extender o modelo a outros centros de traballo. 
Para tentar lograr isto desde a nosa modesta posición, a sección de CNT manterá contactos cos sindicatos representativos da Xunta que son os ÚNICOS que teñen a potestade legal de convocar asembleas. A sección comprometese tamén a informar ao persoal a través, se non nolo impiden, do envío de mails masivos desde o enderezo corporativo da sección: cnt.sancaetano@xunta.es.
Seguidamente, abriuse un turno de palabra aos asistentes onde se comentaron aspectos relativos á anterior asemblea na Xunta e o escaso percorrido que tivo, á actuación e relación da CNT cos sindicatos representativos e onde tamén se pediu un pouco de implicación dos propios traballadores na resolución dos seus problemas... 
Como punto final do acto, o delegado da CNT convidou aos asistentes a voltar ao traballo e prescindir do correspondente descanso para o café como parte da filosofía do propio acto.Esta é a proposta que a sección de CNT na Xunta de Galicia presentou onte na reunión convocada en San Caetano: artellar a protesta desde a base facendo asembleas de traballadores/as e actos reivindicativos de maneira regular como defensa ante os recortes laborais e sociais presentes e futuros.

Eis un resumo desta reunión, ou primeiro "café combativo":

Reunión de traballadores e traballadoras da Xunta de Galicia

15/12/2011 11:30

Sección sindical xunta de galiciaDesde a sección sindical de CNT na Xunta de Galicia convocamos a todos os traballadores e traballadoras da Administración Pública à reunión que se celebrará o vindeiro xoves 15 de decembro de 11:30h. a 12h. no salón de actos nº2 do edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela.

Carta aberta á Xunta de Persoal e ao Comité de empresa da Xunta de Galicia

Estimados señores e señoras dos órganos representativos:
 
Algúns traballadores/as dos servizos centrais da Xunta en San Caetano vímonos preguntando cando se convocará unha nova asemblea do persoal público. Entendemos que a última, e única, experiencia asamblearia do mes pasado produciu uns resultados bastante esperanzadores: unha afluencia inusitada de traballadores/as á asemblea, un amplo consenso para facer un acto de protesta e unha participación masiva na celebración de dita protesta. Segundo o falado na asemblea, en función da resposta obtida así se seguiría actuando... entón a que esperamos?