Prensa obreira

Xunta de Galicia

Seccion sindical da C.N.T. na Xunta de Galicia

Ningunha agresión sen resposta

Sección sindical de CNT na Xunta de GaliciaA sección de CNT na Xunta de Galicia apoia e fai un chamamento á participación nos actos de protesta convocados pola representación sindical diante dos centros de traballo da Administración Pública extendendo esta convocatoria á cidadania en xeral.

Promotores: "gracias a tod@s"

Os promotores de emprego queremos dar as gracias a tod@s os asistentes no dia de hoxe, tanto á rolda de prensa como á entrega de firmas (duas mil e pico!!! Gracias a tod@s vos!!) e posterior concentración ás portas do edificio da Xunta. E gracias tamen aos que non puideron asistir pero nos apoiaron a traves dos correos. Sen a vosa colaboración sería imposible. Gracias tamén aos representantes sindicais por amosarnos, coa sua presenza e a firma do comunicado facilitado á prensa, o seu apoio á nosa causa, facendo especial mención ao compañeiro da CNT que creu en nós dende o primeiro momento e puxo cordura e organización nas nosas mobilizacións.

Concentración xoves 28 en San Caetano

28/06/2012 11:30

En solidariedade cos promotores/as de emprego e contra a privatización constante da Administración Pública, este xoves 28 ás 11:30h. afectados, sindicatos, persoal público e desempregados/as estamos chamados a concentrarnos na porta do compostelano edificio administrativo de San Caetano (a que da á estación de buses) nun acto que irá acompañado da entrega por rexistro das sinaturas de apoio recollidas nas últimas semanas.

Café combativo: A privatización dos servizos públicos

19/06/2012 00:28

imaxe futbolA sección de CNT na Xunta organiza este mércores 20 de 11:30 a 12h. no salón de actos nº2 de San Caetano unha nova edición do "café combativo" (charla informativa no tempo do café).

Asina en apoio dos promotores/as de emprego


Non á resolución anticipada dos nomeamentos dos promotores de emprego.

Non á supresión da orientación nas oficinas de emprego.

Non ao desmantelamento e privatización dos Servizos Públicos de Emprego.

109 despidos na Xunta

Desde a sección de CNT na Xunta, a petición dos traballadores/as implicados, solidarizámonos e facémonos eco deste novo capitulo de privatización da Administración Pública, desta volta trátase do colectivo dos promotores/as de emprego de Galicia.

Café combativo San Caetano "O que sempre quixeches saber das asembleas..."

31/05/2012 11:30

A sección de CNT na Xunta organiza este xoves 31 de 11:30 a 12h. no salón de actos nº2 de San Caetano unha nova edición do "café combativo" co título "O que sempre quixeches saber das asembleas... e nunca te atreviches a preguntar".

Non máis tomaduras de pelo

Seccion sindical CNT Xunta de Galicia

Nos últimos tempos, vemos con preocupación como avanzan os chamados axustes, recortes, reformas... como perdemos dereitos, poder adquisitivo, como aumentan os prezos, como se despilfarran cartos públicos, como avanzan as privatizacións do público estando xa no punto de mira a sanidade e a educación... todo mentres, a modo de broma pesada, o sistema gotea diariamente escandalosos casos de corrupción político-empresarial en todos os seus estratos: desde o concelleiro ata o Rei “elefante”. 
En definitiva cómo nós, o derradeiro escalón da sociedade paga os erros que os poderosos cometen de maneira impune... e como nos xustifican todo isto coas súas mentiras plagadas de incomprensibles explicacións "económico-financeiras" de difícil entendemento. 
Como último exemplo vemos o caso de Bankia, cun burato de varios miles de millóns no seu balance, co estado que sae raudo ao seu rescate aportando os cartos que aforra na nosa sanidade e mentres, o señor Rato nomea sucesor e marcha tan tranquilo exento de maior responsabilidade.
Ante esta tomadura de pelo que vemos diariamente, desde CNT lonxe de resignarnos preferimos loitar polos nosos dereitos e pola nosa dignidade, en definitiva facer algo para poder ter unha vida e para que tamén a teñan os que nos rodean e os que veñen detrás. 
Sabemos que non é un camiño sinxelo pero pensamos que é o que temos que facer. E para facelo non esquecemos os nosos sinais de identidade: a independencia dos partidos políticos e do estado polo que non queremos as súas subvencións e só nos financiamos coas cuotas dos afiliados, o funcionamento asembleario que permite a toma de decisións horizontais entre os traballadores, o apoio mutuo que nos fai sentir os problemas dos outros coma propios, o non arrogarnos en falar en nome da xente pois só representamos aos nosos afiliados, o non ter liberados senón adicar voluntaria e gratuitamente parte do noso tempo para levar adiante esta loita, o sentimento internacionalista...
E nesta traxectoria seguiremos, tentando implicarvos aos traballadores e traballadoras neste proxecto, convencidos de que xuntos podemos cambiar as cousas... seguiremos buscando a túa implicación e a túa participación... non pensas que é hora xa de botar unha man?? 
 
E xa sabes... se ninguén traballa por ti que ninguén decida por ti!!

Nos últimos tempos, vemos con preocupación como avanzan os chamados axustes, recortes, reformas... como perdemos dereitos, poder adquisitivo, como aumentan os prezos, como se despilfarran cartos públicos, como avanzan as privatizacións do público estando xa no punto de mira a sanidade e a educación... todo mentres, a modo de broma pesada, o sistema gotea diariamente escandalosos casos de corrupción político-empresarial en todos os seus estratos: desde o concelleiro ata o Rei “elefante”.

1º Café combativo en San Lázaro "A reforma laboral e a folga xeral do 29M"

23/03/2012 11:30

O vindeiro venres 23 ás 11:30h no salón de actos de sanidade, a sección de CNT na Xunta organiza a primeira edición do "Café combativo" en San Lázaro para facer unha breve aproximación á reforma laboral recén aprobada, facendo especial fincapé no que afecta directamente ao sector público.

Café combativo en San Caetano "A reforma laboral e a folga xeral do 29M"

21/03/2012 11:30

O vindeiro mércores 21 ás 11:30h, a sección de CNT na Xunta organiza unha nova edición do "Café combativo" en San Caetano, desta volta para facer unha breve aproximación á reforma laboral recén aprobada, facendo especial fincapé no que afecta directamente ao sector público.