Prensa obreira

Xunta de Galicia

Seccion sindical da C.N.T. na Xunta de Galicia

Asembleas Abertas na Xunta de Galicia

Neste inicio de 2013 poñemos en marcha unha nova iniciativa entre os traballadores e traballadoras da Xunta de Galicia: as ASEMBLEAS ABERTAS. Iniciativa que xurde co obxectivo de elaborar entre tod@s estratexias de defensa ante o contínuo deterioro, tanto das nosas condicións laborais, como dos propios servizos públicos nos que traballamos. Isto, sen esquecer a fráxil situación xeral na sociedade de moitos traballadores/as.

Estas Asembleas Abertas para os empregados/as públicos comezarán este mesmo xaneiro na Administración Autonómica de Compostela con 3 convocatorias:

- o luns 14/1/13 ás 11h. no salón de actos nº2 de San Caetano
- o martes 15/1/13 ás 11h. no salón de actos da Conselleria de Sanidade en San Lázaro
- o mércores 16/1/13 ás 11h. no salón de actos do Instituto Galego de Vivenda e Solo en Área Central

Café combativo en San Lázaro "Cooperativas alternativas: eirado e a cooperativa integral galega"

19/12/2012 11:30

Este mércores 19, celebramos un novo café combativo que titulamos "Cooperativas alternativas:
eirado e a cooperativa integral galega" que tratará de informar e aclarar conceptos sobre distintos proxectos alternativos que xa podemos atopar en funcionamento na sociedade, tratando así de respostar ás peticións recibidas polos traballadores/as de San Lázaro en anteriores ocasións. Concretamente, falaremos e debatiremos sobre a compostelana Cooperativa de consumo ecolóxico e responsable EIRADO (www.eirado.org) e o proxecto de Cooperativa Integral Galega (coiga.arkipelagos.net). Para isto, contaremos coa presenza de Noa Estevez, presidenta de Eirado e colaboradora no grupo local de Compostela do proxecto de cooperativa Integral.

Charla/debate: “14N Folga Xeral... é necesario”

06/11/2012 12:00
07/11/2012 11:30

San Caetano: Martes 6/11/12, ás 12:00h, no salón de actos nº 2
San Lázaro: Mércores 7/11/12, ás 11:30h, no salón de actos Sanidade

Café combativo San Lázaro: "Reflexións electorais"

17/10/2012 11:30

Visitamos San Lázaro coa intención de realizar un pequeno encontro durante a media hora do café Nesta ocasión, tentaremos reflexionar sobre estas eleccións electorais, dando o noso punto de vista: a abstención activa.

Agardando xerar un debate enriquecedor entre diferentes opcións, esperamosche  este mércores 17, de 11:30 a 12h., no salón de actos da Consellería de Sanidade en San Lázaro, Santiago de Compostela.

Se che gustaría un "café combativo" no teu centro de traballo ponte en contacto con nos!!

Sección Sindical de CNT na Xunta de Galicia
cnt.sancaetano@xunta.es
www.cntgaliza.org/?q=xunta

[Videos] Continuan as protestas dos empregad@s públicos

Este xoves 27 de setembro tiveron lugar protestas dos empregados/as públicas diante dos centros de traballo.

Café combativo San Caetano: "26S... tragas ou loitas?"

26/09/2012 11:00

Este mércores 26S convócase unha xornada de de loita en todo o estado por parte do sindicalismo alternativo. Con tal motivo celebraremos en San Caetano (Compostela) de 11:00 a 11:30h. no salón de actos nº2. unha nova edición dos cafés combativos titulandoo "26S tragas ou loitas?” Nesta charla charla/debate reflexionaremos sobre a situación da crise e as respostas que se dan, e que se poderían dar, desde os traballadores/as.

Convocatorias do 30 xullo en defensa dos servizos públicos

Desde a sección sindical de CNT animamos aos traballadores e traballadoras públicos e á cidadania en xeral a participar nas mobilizacións convocadas para este luns 30 nas cidades galegas en defensa dos servizos públicos e amosar así o rexeitamento ás políticas de recortes e reformas que estamos sufrindo nestes tempos de crise capitalista.

[Video] Continúan as protestas na Xunta

protestas na XuntaEste xoves 26 de xullo tivo lugar unha xornada máis de protesta dos empregados públicos na Xunta contra a situación de crise permanente na que vivimos. Nomeadamente, no edificio central da Xunta en San Caetano concentrámonos arredor de 200 traballadores que non dubidamos en facer un percurso polo interior das instalacións visibilizando o descontento xeral aos compañeiros que permanecian nos seus postos de traballo, dos que moitos se sumaron á comitiva.

Crónica asemblea San Lázaro 13/7/12

Comeza a asemblea a iso das 9:45 a.m coa metade do aforamento do salón de actos.