Prensa obreira

Xunta de Galicia

Seccion sindical da C.N.T. na Xunta de Galicia

Recortando na saúde

O día 12 de agosto unha persoa do barrio de Caranza en Ferrol solicitou cita coa súa médico de cabeceira e déronllela para o día 22 dese mesmo mes. No centro de saúde aluden que só hai dous facultativos e que atenden aos seus pacientes e as urxencias.

O sector forestal en loita

CNT ForestalA Plataforma en defensa do servizo público de prevención e defensa contra incendios forestais, da formamos parte os traballadores/as públicos e privados do sector forestal da CNT, ven de convocar unha serie de actos de protesta coincidindo con esta última semana da tempada de verán.

O ERE ilegal na Conselleria de Traballo queda sen denunciar

O que a todas luces semellaba o primeiro ERE na Xunta de Galicia co despedimento este pasado mes de maio de 59 compañeiros/as na Consellería de Traballo e Benestar queda impune sen que ningunha das centrais sindicais institucionais presenten a correspondente denuncia colectiva, a pesar do claro defecto de forma na execución destos despedimentos.

Café combativo en San Caetano: "12X: Folga Xeral en Ferrol, Eume e Ortegal"

06/06/2013 11:30

Este xoves 6 de xuño ás 11:30h. no salón de actos nº2 do edificio administrativo de San Caetano en Compostela a sección sindical de CNT na Xunta de Galicia organiza esta charla debate sobre a vindeira Folga Xeral convocada de xeito unitario para o vindeiro mércores 12 de xuño nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

Día das Letras Galegas en San Caetano

16/05/2013 11:30

plof, historia dun globoEste xoves 16 ás 11:30 no salón de actos nº1 de San Caetano (Compostela) faremos a presentación do libro de contos “PLOF, a historia dun globo” a cargo do seu autor Manuel González Fernández de Tejada, compañeiro funcionario na Consellería de Educación nado en La Rioja, que nos comentará tamén a súa experiencia como galegofalante e as motivacións para publicar este libro en lingua galega.

 

Cartaz da presentación

Café combativo en San Caetano: "1º de maio: pasado e presente"

25/04/2013 11:30

Este vindeiro xoves 25 a sección sindical de CNT na Xunta organiza no centro de traballo de San Caetano (Compostela) o café combativo "1º de maio: pasado e presente".

O acto será no salón de actos nº2 de San Caetano ás 11:30h.

Desmantelamento da Consellería de Traballo e Benestar

Desde a sección da CNT na Xunta de Galiza vemos de maneira preocupante as masivas amortizacións de postos de traballo que pretende facer a Consellería de Traballo e Benestar polas múltiples consecuencias que terá para tod@s este progresivo desmantelamento do sector público.

Crónica da protesta no Parlamento

STOP despedimentos e STOP privatización da Xunta de Galicia

A sección de CNT na Xunta de Galicia estivo presente onte nas protestas diante do Parlamento de Galicia en Compostela co gallo da aprobación dos orzamentos para o 2013 co lema STOP despedimentos e STOP privatización da Xunta de Galicia.

Concentración no Parlamento galego

26/02/2013 11:30

Este vindeiro martes 26 de febreiro ás 11:30h. a sección sindical de CNT na Xunta de Galicia convoca unha concentración de protesta diante do Parlamento de Galicia (r/ Hórreo. Compostela) coincidindo coa aprobación dos Orzamentos de 2013.

Resumo e valoración das Asembleas Abertas de Traballadores/as da Xunta en Compostela

Tras a convocatoria das Asembleas Abertas de Traballadores/as da Xunta nos compostelanos centros de traballo de: San Caetano, San Lázaro e Área Central, achegamosvos un resumo do acontecido, presentamos os resultados obtidos e facemos unha pequena valoración que agardamos sexa de proveito para tod@s.