Prensa obreira

Xunta de Galicia

Seccion sindical da C.N.T. na Xunta de Galicia

Folla de cálculo para o control horario

Poñemos a disposición dos traballadores/as con horario flexible a seguinte folla de cálculo para o control horario (formato libreOffice) coa que poderemos levar conta das horas realizadas en cómputo mensual.

Especialmente útil para os empregad@s públic@s da Xunta xa que no sistema de control horario Kronos non se amosa esta información, nin se facilita mecanismo ningún de control horario para os traballadores/as con flexibilidade, facendo caso omiso ás peticións da Sección Sindical de CNT na Xunta de Galicia.

Lee as seguintes indicacións para usar a folla de cálculo para o control horario de maneira axeitada:

Resumo dereitos de conciliación para empregad@s públic@s da Xunta

conciliación familiarO pasado xoves 23 de xaneiro tivo lugar en San Caetano (Compostela) a charla sobre dereitos de conciliación a cargo da Sección Sindical da CNT na Xunta de Galicia.

A continuación, achegamos un pequeno resumo coas cuestións máis importantes que se falaron e debatiron entre os presentes agardando que poida ser de utilidade para o resto de compañeiras/os.

Charla sobre os dereitos de conciliación familiar para empregad@s públicos

23/01/2014 11:30

conciliación familiarEste xoves 23 de xaneiro ás 11:30h. no salón de actos nº2 do edificio administrativo de San Caetano en Compostela, a sección sindical de CNT na Xunta de Galicia organiza unha charla informativa sobre os dereitos de conciliación familiar como son: a redución de xornada, a excendencia, o permiso de lactación, a flexibilidade ou o teletraballo.

Declarados improcedentes os despedimentos na Conselleria de Traballo

Tras as correspondentes denuncias nos xulgados dos traballadores/as da Consellería de Traballo e Benestar logo de ser despedidos este verán, chega a hora das sentenzas xudiciais, que non fan máis que corroborar o que semellaba xa bastante claro: a improcedencia dos despedimentos.

Concentración en San Lázaro contra a reforma das pensións

16/10/2013 11:30

Este mércores 16 ás 11:30h. diante da Consellería de Medio Ambiente en San Lázaro a Sección Sindical de CNT na Xunta e a Asemblea Aberta de traballadores/as de San Lázaro (e as centrais sindicais que se queiran sumar) concentrámonos contra a reforma do sistema de pensións.

[Fotos] Crónica da protesta en San Caetano 10-10-13

Este pasado xoves, coincidindo co Consello da Xunta, a Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos convocaba unha concentración de protesta diante do edificio administrativo de San Caetano.

Pronto a concentración converteuse nunha manifestación...

Valoración das asembleas na Xunta de Galicia

Sección sindical de CNT na Xunta de Galicia

Desde a Sección Sindical de CNT na Xunta de Galicia queremos poñer en coñecemento a nosa valoración do recente proceso asembleario que se ven de poñer en marcha por parte dos órganos de representación dos traballadores/as da Xunta de Galicia (Xunta de Persoal e Comité de Empresa) para artellar a protesta dos traballadores/as públicos ante unha previsible nova perda de poder adquisitivo para este 2014.

Resumo da Asemblea de Traballadores/as da Xunta en San Caetano 26/9/13

Sección sindical de CNT na Xunta de GaliciaConvocan: Xunta de Persoal e Comité de Empresa dos servizos centrais da Xunta

Asisten unhas 80 persoas: 5 delegados de pe presidindo. Resto de delegados (uns 15) sentados nas primeiras filas. Sobre 60 traballadores/as ocupando o resto do salón.

Recortando na saúde

O día 12 de agosto unha persoa do barrio de Caranza en Ferrol solicitou cita coa súa médico de cabeceira e déronllela para o día 22 dese mesmo mes. No centro de saúde aluden que só hai dous facultativos e que atenden aos seus pacientes e as urxencias.

O sector forestal en loita

CNT ForestalA Plataforma en defensa do servizo público de prevención e defensa contra incendios forestais, da formamos parte os traballadores/as públicos e privados do sector forestal da CNT, ven de convocar unha serie de actos de protesta coincidindo con esta última semana da tempada de verán.