Prensa obreira

Xunta de Galicia

Seccion sindical da C.N.T. na Xunta de Galicia

Eleccións sindicais na Xunta de Galicia

De novo eleccións sindicais. Outra vez es chamad@ a votar. Antes de que o fagas, este texto vaiche explicar en que consisten esas eleccións sindicais.

Cambio de delegado na Sección sindical de CNT na Xunta de Galicia

Seguindo os criterios sobre rotación dos cargos establecidos no sindicato CNT, na Sección sindical na Xunta de Galicia vimos de efectuar o relevo na delegación da Sección ocupando agora o posto o noso compañeiro Pepe da Consellería de Pesca.

A contrarreforma da administración local

A Lei 27/2013 do 27 de decembro, de racionalización e sostibilidade da Administración Local (LRSAL) que entrou en vigor ao día seguinte da súa publicación no BOE, é dicir, o 31 de decembro do 2013 (disposición adicional sexta) vai supoñer a privatización dos servizos públicos municipais.

O premeditado desmantelamento da administración pública galega

O goberno da Xunta de Galicia está a implementar unha serie de medidas que xa  supoñen, a día de hoxe, un cambio radical na nosa administración. Un primeiro momento foi alá por decembro do 2010 coa aprobación polo parlamento galego da LOFAXGA á que seguiron outras: o decreto 129/2012, do 31 de maio, polo que se regula o réxime aplicable ao persoal das entidades instrumentais integrantes do sector público autonómico de Galicia que sexan obxecto de creación, adaptación ou extinción, a lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, ou o borrador da nova lei da función pública de Galicia, que substituirá á pronto defunta lei 1/2008 e que fará que sexa máis discrecional a forma de provisión de postos a través do concurso de traslados.

Informátic@s despedidos na Xunta de Galicia

 CNT: Non mais despedimentos na XuntaO pasado 13 de xuño foron despedidos da Xunta de Galicia informátic@s pertencentes á AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxia de Galicia) que formaban parte desta sección sindical de CNT. O seu despedimento prodúcese a consecuencia da resolución do concurso de traslados do persoal informático da Xunta de Galicia, tras ser cubertas as súas prazas

Monbus discrimina traballadores/as da Xunta

Desde a CNT facemonos eco da problemática que moitos compas que se desprazan no bus de funcionarios manteñen coa compañia Monbus:

A diario, un grupo moi numeroso de traballador@s desprazámonos dende os nosos lugares de residencia, espallados por toda a xeografía galega, ao noso posto de traballo en Santiago de Compostela, utilizando as liñas de transporte de viaxeiros da empresa Castromil, S.A.

Teletraballo para que? para quen?

Desde a sección sindical da CNT na Xunta de Galicia vemos con preocupación a postura da Administración autonómica no desenvolvemento das medidas de conciliación familiar dos empregadas e empregados públicos. Actualmente temos constancia das dificultades de moitos traballadores/as para poder facer efectivos e desenvolver con plenas garantías os dereitos de conciliación recollidos na lexislación actual, especialmente no referente ás flexibilizacións horarias por conciliación familiar e ao teletraballo.

Situación do teletraballo para os empregad@s públic@s da Xunta

Este 2 de abril de 2014 cúmprense 3 meses da entrada en vigor da ORDE do 20 de decembro de 2013 de flexibilización e teletraballo e polo tanto deberían comezar a resolverse as 171 solicitudes de teletraballo que lembramos contan co SILENZO ADMINISTRATIVO POSITIVO.

Folla de cálculo para o control horario

Poñemos a disposición dos traballadores/as con horario flexible a seguinte folla de cálculo para o control horario (formato libreOffice) coa que poderemos levar conta das horas realizadas en cómputo mensual.

Especialmente útil para os empregad@s públic@s da Xunta xa que no sistema de control horario Kronos non se amosa esta información, nin se facilita mecanismo ningún de control horario para os traballadores/as con flexibilidade, facendo caso omiso ás peticións da Sección Sindical de CNT na Xunta de Galicia.

Lee as seguintes indicacións para usar a folla de cálculo para o control horario de maneira axeitada:

Resumo dereitos de conciliación para empregad@s públic@s da Xunta

conciliación familiarO pasado xoves 23 de xaneiro tivo lugar en San Caetano (Compostela) a charla sobre dereitos de conciliación a cargo da Sección Sindical da CNT na Xunta de Galicia.

A continuación, achegamos un pequeno resumo coas cuestións máis importantes que se falaron e debatiron entre os presentes agardando que poida ser de utilidade para o resto de compañeiras/os.