Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

Vigo

Á RÚA SI, PERO SEN EL@S

Saúde, compañeir@s:

Con respecto ao secundamento das mobilizacións do 30 de Xuño para a defensa dos servizos públicos:

Manifestación de CNT-AIT Vigo 12M

Ás 18:30 horas saïamos do sindicato uns 20 compañeir@s, con 5 bandeiras, unha gran pancarta negra, un megáfono, moitos panfletos falando de revolución social e sobre todo moita ilusión.

Antes das 19 horas estabamos no punto de partida, a Praza de España, e o que se pensaba ía ser unha manifestación pouco secundada, voltouse nunha manifestación multitudinaria. A regra de quen nos convidou a acudir coma sindicato (a pesares das reticencias do 15M á presencia de siglas) era deixar pasar a todo o mundo e á cola da manifestación situarse os sindicatos, que para iso non somos movemento social. Pois así é: colocámonos nun sitio estratéxico coa pancarta despregada de tal xeito que todos os que pasaron tiveron que vela e vernos sen remedio: “destruíndo o capitalismo, construíndo a revolución social”. Sobre as 19:30 horas, vémonos ó final de toda a corte de bandeiras republicanas, de lemas dos movementos sociais… caendo na conta de que dende ese lugar a nosa mensaxe non ía chegar a tod@s @s que nos gustaría.

1º de Maio en Vigo

Miles de persoas acoden á manifestación do 1º de Maio en Vigo cos sindicatos minoritarios

Este último primeiro de Maio comezou para nós, o SOV da CNT de Vigo, cedo, como non podía ser doutra maneira nunha data tan sinalada. Ás 9:30 estabamos xa no local preparando todo o necesario: megáfonos, bandeiras, pancartas, consignas...e, como non, as mesas, cadeiras e a comida e bebida do merecido xantar posterior á manifestación.

TERRA DE NINGUÉN

Sae o cuarto número do voceiro do sindicato da CNT-AIT de Vigo, TERRA DE NINGUÉN (4ª edición).
Adxuntámolo para o voso disfrute!!

Saúde

VIGO EN FOLGA 29M

A nosa xornada de información e concienciación comezou xa o día 28 pola noche ás 21:30h nas portas da factoría de Citroën con compañeir@s de CUT e CGT, para intentar paralizar o turno de noite, que finalmente no apareceu a traballar. A esa hora a presencia policial era inexistente. Tras uns minutos moi tranquilos, decidimos dar un longo e ameno paseo polo asfalto vigués berrando todo tipo de consignas, sen maiores incidentes e incluso con certo apoio da veciñanza, ata que tres patrullas policiais nos solicitaron que fosemos pola beirarrúa de forma "ordeada".

Vídeo-crónica da manifestación de traballadores/as de Seaga con motivo da Folga do dia 25-9-2010.

Por volta de 200 persoas participaron na manifestación convocada pola Confederación Galaica da CNT durante a xornada de folga no SEAGA do pasado sábado 25 de Setembro. A manifestación percorreu as ruas de Compostela desde a Alameda até San Caetano, con diversas paradas nas que os traballadores e traballadoras en folga comunicaban às xentes de Compostela o nível de precariedade, con perigo das suas próprias vidas, en que deben desenvolver o seu traballo, e a necesidade dun convénio do sector que regule con dignidade as condicións de traballo.  

SEAGA: Folga e manifestación o día 25 de setembro

25/09/2010 12:00

folga e mani dia 25SNo proceso do conflito que a CNT desenvolve contra a empresa pública SEAGA, foi lanzada unha convocatoria de folga para o pasado dia 11 deste mes. Entendendo a especial delicadeza dun sector como é a extinción de incendios forestais, a CNT non quixera ter que recorrer a esta medida sen esgotar todas os intentos de chegar a un acordo. É por isto que a CNT desconvocou a folga para o dia 11 de setembro, ao tempo que anuncia a convocatoria dunha nova xornada de folga o dia 25 deste mesmo mes e a celebración dunha manifestación que percorrerá Compostela desde a Alameda até San Caetano o mesmo sábado 25 ás 12:00 horas.

Crónica e video da manifestación dos bombeiros/as forestais deste sábado 11

Pola dignidade do sector forestalPerto de 100 persoas participaron na manifestación convocada por esta sección sindical e a asamblea de traballadorxs este fin de semana. Xs bombeirxs forestais percorremos as rúas de Santiago de Compostela dende a Alameda até o Edif. Admtvo. de San Caetano. 

A elevada participación (ahí que ter en conta que a maioría de traballadorxs estaban de garda ao non ser xornada de folga), serviunos para demostrar que este ano, a auto-organización dxs trabaladorxs do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (S.P.D.C.I.F.) é imparable. A empresa e a Xunta de Galiza seguen facendo ouvidos xordos ás nosas xustas demandas, e a folga en toda Galiza na empresa SEAGA para o día 25 deste mes parece inevitable.

FOLGA en SEAGA e MANIFESTACIÓN en Compostela o 11-09-2010 ás 12:00h dende a Alameda

11/09/2010 14:46

A Confederación Galaica da CNT-AIT, co apoio da  Asamblea de Traballadoras e Traballadores do Distrito XVII convocamos a tódolxs compañeirxs de SEAGA de tódolos distritos forestais de Galiza, a unha xornada de FOLGA o dia 11-09-2010 dende as 00:00h. até as 24:00h., e a acudir á manifestación que percorrerá o mesmo día ás 12:00h. as rúas de Santiago de Compostela dende a Alameda até o edificio da Xunta de Galiza.

Os empregados públicos son culpables da crise... qué a paguen!

É lóxico que o pobo e, sobre todo, os empregados públicos, teñamos que cargar co custe da crise financeira, porque tódolos datos proban a nosa culpabilidade.