Enquisa HostaleríaDigna

Intervención Social

Médicos Sin Fronteras, condenada por impor unha cláusula abusiva ao seu plantel de captación de socias/os.

 

 

  • A organización despedía sen pagar indemnizacións ao incluír unha cláusula de rendemento mínimo abusiva nos contratos das traballadoras e traballadores que se adican a captar persoas socias.

A organización Médicos Sin Fronteras ven de ser condenada a eliminar a cláusula que lle permitía despedir ao seu persoal sen pagar ningún tipo de indemnización e sen preaviso. Dita cláusula, establecía como falta disciplinaria o non acadar as 6 novas altas semanais.

A CNT denunciou esta cláusula coma abusiva e por tanto nula a finais do ano 2015, ao entender que ese número de altas era de case imposible cumprimento tal e como indicou a pericial sociolóxica encargada. Os datos amosaban que 9 de cada 10 persoas non acadaban ese rendemento mínimo.

A CNT demanda a INTERCENTROS BALLESOL por cantidades e por despedimento

  • O despedimento prodúcese despois de que o traballador reclamase a indefinición do seu contrato

  • A CNT presenta tamén unha demanda de cantidades por outras débedas económicas

 

A CNT interpón dúas demandas contra a empresa Intercentros Ballesol SA, empresa que xestiona un grupo de residencias de maiores presente en todo o Estado.

 O traballador despedido foi contratado cun contrato temporal de tres meses sen causa que o xustificase, polo que desde a CNT «se procedeu a reclamar o carácter indefinido da relación laboral», toda vez que, segundo a central anarcosindicalista «un contrato de tres meses de duración para cubrir un posto permanente na empresa non parece que teña outra finalidade máis alá de alongar o periodo de proba e xogar co medo a non ser renovado como coacción para manter unhas condicións laborais precarias».