Enquisa HostaleríaDigna

Hostalaría

CNT concéntrase diante do Hotel Araguaney, propiedade da patronal HOTUSA, en solidariedade coas despedidas en Xetafe

 

  • A SUBCONTRATA DO HOTEL EXE GETAFE DESPIDE A 8 CAMAREIRAS DE PISO TRAS ORGANIZARSE COA CNT

A subcontrata EXEO do hotel EXE Getafe (da cadea HOTUSA) despide a 8 camareiras de piso despois de organizarse como sección sindical na CNT para loitar contra os abusos. En dous anos traballando no hotel, as traballadoras pasaron por tres subcontratas diferentes e agora, apenas 4 meses despois de empezar no sindicato, subcontrata e hotel despiden de forma fulminante a todas as empregadas significadas.

A CNT reúnese co Concello de Compostela para prantexar as súas demandas sobre a turistificación da cidade


  • No marco da campaña iniciada no mes de Maio sobre a precariedade na hostalería, a CNT reuniuse con María Rozas e Miguel Pernas
  • O Concello recolle as demandas da CNT e amósase disposto a manter novas reunións, pero elude compromisos

A maior parte das demandas prantexadas pola CNT están en relación coa situación laboral no sector da hostalería e o comercio na cidade. Entre outras medidas, a CNT prantexa ao Concello que tome medidas dentro das competencias que lle corresponden. En concreto, a CNT pide que determinadas ordenanzas municipais que regulan cuestións como a actividade, o aproveitamento do espazo público ou de axudas municipais, queden vinculadas ao cumprimento da lexislación laboral e ao respecto dos dereitos dos traballadores e as traballadoras e en materia de seguridade social e ao seguimento de pautas de control sindical.

A CNT lanza unha campaña pola Hostalería Digna

 

  • A CNT presenta unha campaña de información e concienciación pola Hostalería Digna.
  • No marco da campaña, realizaránse dous actos públicos: a presentación do libro de Patricia Janeiro "Manual Básico de Hostalería" e a charla de Carlos Criado sobre os efectos nocivos do turismo masivo en Compostela.
  • Se traballas ou traballaches na Hostalería recentemente, invitámoste a cubrir a nosa enquisa de forma anónima.

  A hostalería na cidade Compostela, vinculada fortemente ao turismo e ao ocio do estudantado, é un sector que xera unha enorme cantidade de diñeiro, pero tamén que as condicións laborais nos pubs, bares, restaurantes e hoteis son das máis precarias da cidade.

 O deseño da cidade como receptor permanente de turismo, a declaración de patrimonio da humanidade, as festas e o ocio universitario xeran un enorme beneficio para as empresas, pero isto non redunda na mellora da situación das condicións laborais. Xornadas de até 60 horas semanais, impago de horas extraordinarias ou nocturnas, descansos insuficientes, ausencia de vacacións, contratos realizados por tempo de traballo ou en categorías inferiores aos realmente realizados, falta de cotización á Seguridade Social, despedimentos fulminantes... estes son apenas parte dos abusos cotiáns que se sofren na hostalería.

 A pesar de que a precariedade está tan normalizada no sector, o convenio colectivo recolle unha serie de dereitos que moitas veces non son coñecidos polos traballadores e as traballadora da Hostalería. Este descoñecemento e a falta de organización provocan que poidan perpetrarse estes abusos e que sexa moi difícil mellorar as condicións laborais do sector.

 Desde a CNT poñemos en marcha una campaña de información sobre que dereitos temos, e de asesoramento sobre a forma de actuar e organizarse para defendelos e amplialos.