Prensa obreira

Servicarne

Coordinadora estatal de trabajadoras y trabajadores de CNT en SERVICARNE: http://servicarne.cnt.es

A CNT solidarízase coa folga indefinida en Servicarne no Porriño

  • En apoio cos compañeiros e compañeiras de Servicarne no Porriño.
  • Os traballadores e traballadoras de Servicarne no Porriño veñen de iniciar unha folga indefinida promovida pola CIG para melloraren as súas condicións laborais.

greve em servicarne porrinho

Mais dos 80% dos traballadores e traballadoras secundaron a folga que foi adoptada como medida perante a imposibilidade de diálogo por parte da dirección de Servicarne.

Como ven denunciando a CNT nos últimos meses, as condicións laborais en que se encontran os traballadores e traballadoras da subcontrata Servicarne son de importantes niveis de explotación.

Iniciativa para a mellora das condicións en Servicarne

  • O documento pretende a mellora das condicións laborais
  • Cinco propostas serán presentadas na próxima asemblea xeral
  • Inclúe melloras na participación asemblear

Servicarne

As traballadoras e traballadores de Servicarne propoñen unha serie de medidas para a mellora das condicións laborais en Servicarne-Coren.

Cinco propostas foron presentadas no pasado martes, 8 de marzo, nunha concentración ás portas da planta de Servicarne-Coren en Ourense xunto a unha recolla de sinaturas para apoiar esta iniciativa.

Estas propostas, que serán presentadas na próxima asemblea xeral da cooperativa, van dirixidas a todas e redundarán no beneficio de todas por igual.

O obxectivo é mellorar substancialmente as condicións laborais como traballadoras e traballadores e os dereitos como socios e socias cooperativistas.

Concentración en Ourense contra a represión en SERVICARNE

servicarneNo día de hoxe, 2 de decembro, a CNT concentrouse en Ourense en apoio aos compañeiros da empresa SERVICARNE reprimidos por facer sindicalismo en Valencia e trasladados a Ourense como medida de presión por parte da empresa.

As concentracións tiveron lugar durante a mañá; primeiro na estación de ferrocarril e, un pouco máis tarde, diante da planta de COREN.