Prensa obreira

Social

Novas de caracter social

Non hai nadal para o anarcosindicalismo ferrolan.

Nestas ultimas semans, datas de falsa e hipocrita felicidade, ademais do incomprensible discurso do Borbon, tanto polo que di, como polo xeito en que o di, a realidade da clase traballadora dista moito de ser un remanso de paz. Non hai un só dia en que non teñamos pelexar por que non nos arrinquen os poucos dereitos que aínda temos despois dos ultimos anos de alternancia no goberno, tanto polo PP, como polo PSOE. Na comarca de Ferrol cambiamos os villancicos por consígnas, o gorro de papanuel polas parcartas, e as zanbombas polas bandeiras vermellas e negras, e é que non nos queda mais remedio que o da confrontacion, con quen para facerse aínda mais ricos pretenden destruír as nosas vidas.

Celebración do 1º de Maio en Pontevedra

A CNT de Pontevedra saíu á rúa o primeiro de maio nunha manifestación convocada xunto coa CGT. A marcha iniciouse na praza da Ferrería e contou coa asistencia dun nutrido grupo de afiliados e simpatizantes da mesma Pontevedra pero tamén procedentes da veciña vila de Marín, asi coma de outras: Vilagarcía, O Grove, Cambados, etc. Tamén se uniron membros da asamblea local do 15M, congregándose un nutrido grupo de manifestantes que dan boa mostra do interese que as propostas anrcosindicalistas despertan na nosa área de influencia.

Apoio ao Liceo de Estribela

Dende CNT-Pontevedra queremos expresar o noso apoio ó CSO Liceo de Estribela, e ás persoas que fixeron posible a creación deste novo centro social, rescatando un edificio condenado ó abandono e creando un espacio liberado e autoxestionado, organizado horizontalmente para e polo pobo.

II Flotilla da Liberdade... Apoia-os!!

BDS-IsraelManifestamos o noso apoio á II Flotilla da Liberdade, formada por unha coalición internacional de máis de 20 países, que sairá en xuño destino Gaza con material escolar, sanitario e de construcción, co obxectivo de por fin a un bloqueo ilegal que o goberno de Israel impón á Faixa desde o 2006.

Se a vivenda é un luxo, okupar é un dereito

Onte a primeiras horas da mañá foi desaloxada pola policía nacional a Casa das Atochas. Un Centro social okupado con tres anos de actividade ás súas espaldas.

Tres anos de tertulias, de concertos, de talleres, de aprendizaxe e de comunidade; de loita contra a especulación, de autoxestión e de demostración de que é posible facer as cousas de outro xeito.