Enquisa HostaleríaDigna

Social

Novas de caracter social

II Xornada de loita estatal contra as listas de espera na sanidade

CONCENTRACIÓNS XOVES 24 MAIO

  • OURENSE 12h30 | Hospital Nª Sª de Cristal - Ramón Puga Nogerol 54
  • COMPOSTELA 11h30 | Hospital Clínico Universitario - Travesa da Choupana s/n.

Máis de 600.000 persoas esperan unha intervención cirúrxica en todo o estado (unha de cada cinco, máis de seis meses), mentres que en 2008 eran 364.000 persoas, o que indica que nestes anos de recortes o número case se duplicou. Respecto da lista de espera diagnóstica, case 2 millóns de persoas están á espera da primeira consulta co especialista, cun tempo medio de espera de case 60 días.

Nestes últimos anos o “colo de botella” pasou do quirófano ao diagnóstico (primeira cita co especialista), atrasándose aínda máis a atención dos enfermos, ocorrendo que haxa persoas que falecen antes de ser diagnosticadas ou recibir tratamento.

 

Crónica do Primeiro de Maio

 

  • A CNT manifestouse pedindo xustiza social e laboral en varios puntos do estado.
  • En Galiza, as manifestacións tiveron lugar en Ourense e Compostela.

Este Primeiro de Maio, día da clase traballadora, as rúas enchéronse de bandeiras libertarias nas manifestacións da Confederación Nacional do Traballo.

Porque este Primeiro de Maio foi diferente do resto; este Primeiro de Maio foi feminista e a partires de agora todos serán igual. Viñamos dunha convocatoria de folga feminista o 8M, un feito histórico, e a coñecida sentenza da manada non fixo máis que espir o patriarcado que sufrimos. As mulleres estamos en pe de guerra e nada nos parará.

En Compostela, desde a Praza 8 de Marzo, e en Ourense, desde a Ponte Romana, a CNT reclamou xustiza social, xustiza laboral, e enmarcou os seus discursos en temas afíns á clase traballadora: o machismo, a loita polas pensións, a educación e a xustiza.

CNT Galiza ante a sentenza da manada

 

 

Fai apenas unhas horas, tras cinco meses desde a finalización do xuízo contra os agresores da presunta violación grupal nos San Fermines do pasado ano 2016, faise pública a sentencia. As mulleres da CNT queremos compartir o noso posicionamento ante dita sentencia, xa non pola repercusión mediática do caso, senón porque somos conscientes de que esta sentencia marcará un antes e un despois na loita das mulleres. Hoxe non so se ditou sentencia á denuncia da nosa irmá madrileña, ese xuízo era de todas nós.

Primeiro de Maio: Manifestación en Compostela

 

  • Manifestación do Primeiro de Maio da CNT, ás 12:30 na Praza 8 de Marzo (Compostela)

 Enmarcado dentro dun ambiente de mobilizacións, tras a Folga Feminista do 8M, as masivas manifestacións contra a Lei Mordaza, a loita pola Defensa das Pensións Públicas, as protestas en Catalunya, entre outras moitas mobilizacións, a CNT comeza a campaña de difusión do Primeiro de Maio, visibilizando á muller como promotora e cabeza visible da loita sindical en Galiza.

 Con esta campaña, primeira no tempo despois da Folga Feminista do 8M, CNT quere manter viva a flama da protesta, para manter o pulso ao governo da mordaza, da conxelación das pensións e salarios, as reformas laborais, a precarización dos servizos e persoal público e o machismo institucional.

FolgaFeminista8M: A revolución sera feminista ou non será

Videocrónica da CNT da greve levada a cabo no 8 de marzo de 2018, laboral, de consumo, de coidados, estudantil e de 24h.

 

 

CNT califica de «éxito rotundo» a xornada do 8M

 

Nunha xornada froito da autoxestión, do asamblearismo e da soriridade, decenas de miles de persoas sairon ás rúas en Galiza para manifestarse no Día da Muller.

«Haberá tempo para facer unha análise máis detallada, mais esta xornada soamente se pode calificar como histórica e ao nivel da folga da Canadiense. Hoxe naceu algo que vai gañar o que se propoña», sinala o comité de CNT Galiza.

As estimacións de seguimento das mobilizacións chegan a cifrar a asistencia ao redor de 40.000 persoas en Compostela, 50.000 en Vigo e 35.000 na Coruña, cifras que convertirían as manifestacións nas máis exitosas da historia de Galiza.

A CNT de Galiza seguirá apoiando de xeito rotundo as reivindicacións do movemento feminista e colocándose detrás del, lembrando que a loita non fixo máis que comezar.

A CNT dá as suas primeiras impresións

En declaración pública, o sindicato CNT apresentou as súas primeiras impresións acerca da folga deste dia 8 de Marzo.

Da mesma forma, chama a participar nas manifestacións desta noite convocadas polo movimento feminista.

 

 

Piquete da CNT constata a fraude dos paros de duas horas

 

Os piquetes organizados pola CNT informan en Compostela durante toda mañá sobre a xornada de folga. Focalizado nun sector económico importante do centro compostelano como é o comercio e hotelaria, este piquete comezou na Praza do Pan ao inicio da mañá e está a percorrer todas as ruas para informar as traballadoras dos seus direitos para aderiren á folga.

CNT Galiza realizará un acto reivindicativo previo á folga xeral feminista

  • O sindicato rexistrou legalmente a convocatoria de folga xeral feminista de 24 horas o pasado 20 de febreiro.

 O vindeiro día 7 de marzo, un día antes da convocatoria de folga xeral que CNT rexistrou en apoio aos movementos feministas estatais e galegos, o sindicato levará a cabo un «arranque de folga» cunha concentración e mitin na Praza do Toural compostelana.

O acto, programado para as 20 horas, será protagonizado pola militante do sindicato Xiana Arias.

Farase un repaso das razóns do sindicato para posicionarse detrás do movemento feminista, en apoio contundente e absoluto coas súas reivindicacións. Expostas a modo de resumo: a eliminación da fenda salarial, a eliminación dos obstáculos que teñen ás mulleres no acceso e promoción do emprego, a conciliación da vida laboral e familiar, a eliminación de toda discriminación no emprego ao servizo do fogar familiar e, en definitiva, a eliminación da problemática de discriminación e desvantaxe que sufren as mulleres no ámbito laboral.

Folga Xeral Feminista: Guía e próximas convocatorias

CNT Galiza, por mor da vindeira folga xeral que terá lugar o día 8 de marzo, edita e distribúe libremente a súa guía sindical sobre o dereito á folga que podes descargar en PDF.

O sindicato lamenta profundamente a labor de manipulación que CCOO, UXT e CIG están realizando en numerosos centros de traballo, dando a entender que soamente é legal a súa convocatoria de paros de dúas horas. Chamamos a todas as traballadoras e traballadores a que combatan estas mentiras que socavan o éxito da folga feminista e difundan na medida das súas posibilidades a legalidade da convocatoria de folga xeral de 24 horas realizada por CNT e outras centrais sindicais.

Vindeiras convocatorias:

  • 6 marzo ás 12h: Charla informativa para traballadoras e traballadores da Xunta no salón de actos de Sanidade en San Lázaro, Compostela.
  • 7 marzo ás 20h: Mitin CNT «Xuntas paramos, xuntas avanzamos» na Praza do Toural. Compostela.
  • 8 marzo: Folga Xeral Feminista de 24h e manifestacións nas seguintes vilas:

A Coruña: Manifestación. Saída ás 19 horas do Obelisco
Compostela: Ás 12 horas concentración na Praza Roxa e ás 20 horas manifestación dende a Praza 8 de marzo
Lugo: Ruada nocturna. Saída ás 20 horas do Multiúsos da Xunta
Ourense: Manifestación. Saída ás 20 horas dende a Subdelegación do Goberno
Vigo: Ás 12 horas concentración na Rúa do Principe e ás 20 horas manifestación desde a Praza de Portugal
Marín: Manifestación. Saída ás 20:30h da Casa do Concello
Ferrol: Manifestación. Saída ás 20 horas da Praza Amada García (edificio da Xunta)
Monforte: Manifestación. Saída ás 20 horas da Praza de España
Cangas: Concentracion ás 12.30 horas na Praza do Concello e ás 20 horas manifestación
Vilalba: Concentración desde as 11:30 ata as 21 horas na Praza da Constitución
Pontevedra: Concentración de 12 a 14 horas na Praza da Peregrina
Ponteareas: Concentración ás 12 horas na Praza Bugallal.
Ribeira: Concentración ás 20 horas na Praza do Concello
Cee: Concentración ás 20 horas na Praza 8 de Marzo
Redondela: Concentracións con lectura de textos ás 12 e ás 19 horas na Praza da Constitución
Allariz: Concentración a partir das 12:30 horas na Praza Maior
Chantada: Concentración ás 12 horas na Praza de Galicia (Xulgado)
Ribadeo: Viaxe común Ribadeo-Burela no tren das 15 horas
Viveiro: Viaxe común Viveiro-Burela no tren das 17 horas
Burela: Actividades no local da Asociación Xebra ás 16 horas. Marcha de mulleres ás 19:30 desde a estación do tren. Concentración na Praza da Mariña ás 20 horas
O Barco de Valdeorras: Concentracións ás 13 horas e ás 20 horas na Praza do Concello
Verín: Concentración ás 20 horas na Praza do Concello
Vilagarcía de Arousa: Concentración ás 20 horas na Praza de Galicia
Moaña: Concentración ás 12:30 e ás 20 horas na Praza do Concello
A Illa de Arousa: Marcha pola igualdade real entre mulleres e homes. Saída da Lonxa ás 18 horas ata o Concello.