Prensa obreira

Laboral

Novas de caracter laboral

Piquete da CNT no Bar Isla

Piquete da CNT no Isla

Na tarde de ontem, quinta dia 3, um piquete da CNT concentrou-se no Bar Isla, na rua compostelana de Santiago de Guayaquil.

O piquete informou às vizinhas e vizinhos de Compostela das práticas exploradoras do empresário deste estabelecimento e do conflito aberto motivado por sucessivos incumprimentos dos direitos laborais dos trabalhadores e trabalhadoras.

INESFOR despide tras reclamación

Logo INESFOR

INESFOR, empresa de formación con sede en Bertamiráns(Ames) e especialmente focada no sector do mar, vén de despedir a unha compañeira e un compañeiro do sindicato CNT.

Pulpería Fuentes explota e despide

Pulperia Fuentes readmisiónNa pulpería Fuentes, situada no barrio de Conxo, vén de ser despedida unha das suas empregadas por reclamar os seus dereitos.

A traballadora tivo que demandar os incumprimetos que se producían no seu traballo e así conseguir un horario semanal normal, os descansos que lle corresponden e que o empresario lle pague o que lle debe.

O Bar Isla explota e non paga as cantidades adebedadas

Bar IslaNo Bar Isla lévanse anos facendo horario por riba do legal, como xa vimos comentando desde que a CNT inicia o conflito con este bar-cafetería.

As reclamacións do compañeiro foron atendidas en parte polo empresario. En parte; porque, aínda que xa fai un horario normal, a empresa non quere pagar a débeda por horas extra e nocturnidades.

Desde a CNT se tomaran todas as medidas precisas para que o compañeiro reciba todas as cantidades que lle corresponden polo seu traballo.

Finalizado conflito com Mercadona

Boicot Mercadona!

A CNT de Compostela vem de finalizar conflito iniciado o passado 13 de agosto com a empresa Mercadona. Depois de despedir o trabalhador utilizando o famoso modus operandi desta empresa (qualquer pretexto relativo a baixo rendimento e acusações falsas), a velha conhecida da CNT não teve mais remédio que reconhecer a improcedência do despedimento.

Conflito con Mercadona por novo despedimento

Una vez mboicot mercadonaáis Mercadona vén de aplicar a súa coñecida política de acoso e despedimento

Nos últimos 4 anos, despediu a mais de 10.000 traballadoras e traballadores en todo o Estado Español. Nesta ocasión tocoulle a un compañeiro que traballaba no Mercadona de Santa Marta en Compostela sufrir esta práctica.

Finalizado o conflito coa empresa Gesporten.

O pasado 22 de xullo chegouse a un acordo entre a empresa de servizos funerarios Gesporten Ferrol SL e un compañeiro do SOV da CNT de Ferrol.

Acordo satisfactorio no conflito coa cafetería Tepuy.

O pasado 15 de xullo tiña lugar o xuízo polas cantidades que lle adebedaba a cafetería Tepuy de Ares a unha compañeira do SOV da CNT de Ferrol.

INDRA planea un ERE para 1850 traballador@s

O pasado 7 de xullo, a empresa tecnolóxica INDRA presentou formalmente un ERE que prevé o despedimento dun total de 1850 traballador@s de todo o territorio español.

CNT pecha o conflito con ADSLZone

CNT Artes Gráficas, Comunicación e Espectáculos anuncia a fin do conflito que mantivo nos últimos 15 meses coa empresa ADSLZone polo despido de tres dos seus traballadores.