Prensa obreira

Laboral

Novas de caracter laboral

Médicos Sin Fronteras recúa entre ziguezagues

  • MSF recúa e rectifica a súa actitude discrimatoria
  • A ONG continúa nas súas prácticas intimidatorias a quen exixe os seus dereitos
  • A Sección Sindical da CNT anuncia máis accións sindicais

MSF discrimina

A seguir reproduzimos o comunicado da Sección Sindical da CNT en Médicos Sin Fronteras:

No medio da conflictividade creada a partir da demanda por discriminación presentada pola CNT contra Médicos Sin Fronteras no pasado mes de marzo, as nosas afiliadas solicitaron á ONG que se lles modificase o seu permiso de residencia, xa que cumprían os requisitos legais, e o novo permiso de residencia lles favorecería na súa vida persoal e académica.

Médicos Sin Fronteras, nun primeiro momento, nin se negou nin se comprometeu a nada: únicamente silencio e vacío, coma se a petición xamáis existise, a pesar dos múltiples correos enviados. O que aconteceu despois aínda é historia recente: Médicos Sin Fronteras converteuse nunha ONG condenada por discriminación por razón de nacionalidade e tivo que converter os contratos da nosa compañeira e o noso compañeiro en indefinidos. Nese intre comeza un novo calvario para as persoas demandantes.

Viva Maria condenada de novo a pagar o que debía

viva maria paga o que debesAfiliado a este sindicato ven de gañar un novo pleito á empresa Voodoo Trading S.L. que xestiona o compostelano comercio "Viva Maria" adicado á venda de productos para o autocultivo.

Tras ser xa condenada en agosto de 2013 pola improcedencia do despedimento do compañeiro, a xustiza ven de dar de novo a razón a CNT na súa demanda por diferencias salariais en distintos conceptos da nómina que foi presentada en setembro de 2012, diferencias que obviamente se ven aumentadas polos xuros de demora plicados durante estos últimos 4 anos.

Piquete da CNT ao presidente de MSF

  • Outra concentración máis en Compostela contra as políticas laborais da ONG Médicos Sin Fronteras.
  • O conflito colectivo e o readmisión dun compañeiro entre as revindicacións de CNT

concentracion contra MSF en Compostela

Desta vez, a CNT concentrouse na compostelana rúa do Preguntoiro, onde se levou a cabo un acto da ONG coa presencia do seu presidente José Antonio Bastos, que remata mandato, e do novo cargo e cabeza da xunta directiva de Médicos Sin Fronteras David Noguera.

CNT interpón denuncia contra a Carpintería Víctor Campos

  • Denuncianse ante inspección de traballo as graves irregularidades en seguridade

A CNT de Compostela ven de presentar denuncia na inspección de traballo e seguridade social da Coruña contra a empresa Víctor Campos Carpintería de madeira sita no compostelano polígono do Tambre.

A denuncia ven motivada por polas graves irregularidades que presenta a empresa en materia de prevención e seguridade, "situación incompatible coa saúde dos traballadores e traballadoras" segundo manifiesta a central anarcosindical.

Informático da Xunta readmitido

  • amtegaTras pedir a execución de sentenza do TSXG o compañeiro é por fin readmitido
  • A Xunta deberá aboar os salarios íntegros ao compañeiro segundo recolle tamén a sentenza.
  • Xeraronse dúas prazas públicas de nivel 25 onde antes había un subcontratado precario

O compañeiro de CNT, traballador informático da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) da Xunta de Galicia foi despedido en xuño de 2014 tras ser ocupada a súa praza no concurso de traslados. Tras ser denunciado o despido o traballador obtivo sentenza favorable do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en maio de 2015 que declara nulidade do despido e condena á Xunta a readmitilo de inmediato.

CNT demanda ao Concello de Moaña

concello moaña

  • Reclámase indefinición no contrato dunha traballadora
  • Demándase tamén a súa reclasificación profesional e as correspondentes diferencias salariais

Traballadora laboral do concello de Moaña presenta reclamación previa á demanda xudicial contra o Concello por fraude na contratación reclamando a indefinición do seu contrato.

A traballadora ven traballando como persoal laboral temporal no concello desde que en 2008 aprobara concurso-oposición. Sendo o seu contrato renovado ano a ano polos distintos governos do Concello de Moaña.

Novas demandas por discriminación contra Médicos Sin Fronteras

  • O compañeiros estranxeiros que veñen de obter sentenza que condenaba a MSF por discriminación, levarán de novo a xuizo á ONG por impedir a renovación do seu permiso de residencia
  • Médicos Sin Fronteras continúa as represalias contra os traballadores/as que protestan

MSF discrimina

O compañeiro e compañeira estranxeiros xa presentaran demanda pola discriminación por razón de nacionalidade que sufrian en Médicos Sin Fronteras. O mes pasado, a xustiza condenou a MSF por discriminación e obrigou á ONG a tratar ao compañeiro e compañeira estranxeiros como ao resto dos traballadores/as de captación de persoas socias, polo que os seus contratos de traballo foron cambiados por MSF a indefinidos como se indicaba na sentenza do xulgado.

Nembargante, MSF continúa na súa actitude discriminatoria ao dilatar intencionadamente os trámites administrativos de este compañeiro e compañeira a fin de impedir a renovación do seu permiso de residencia, o que constitúe un serio agravante da súa situación profesional e persoal. Isto levará novamente aos xulgados a Médicos Sin Fronteras tras a presentación das correspondentes demandas por seren discriminados de novo estes dous traballadores de CNT.

Concello de A Guarda: Paga o que debes!

  • logo GES A GuardaOs GES demandan o pago da nómina segundo o contemplado no convenio.
  • O Concello de A Guarda non deixa de acumular demandas de CNT.

A Sección sindical de CNT no Concello de A Guarda ven de interpoñer contra o Concello varias reclamacións individuais dos traballadores dos Grupo de Emerxencias Supramunicipal GES.

Os GES denuncian a non aplicación por parte con concello de A Guarda dos trienios devengados, nin do plus por traballar domingos e festivos, nin do plus de nocturnidade, nin tampouco dos beneficios recoñecidos ao resto de traballadores/as do Concello que traballan 1 hora menos no periodo estival. Amáis, denuncian a aplicación indebida do convenio no que respecta ao aboamento das pagas extraordinarias o que comporta tamén diferenzas salarias durante o último ano de servizos.

CNT inicia conflito con Barti Servicios

logo barti serviciosCNT ven de iniciar conflito coa empresa de servizos a domicilio Barti Servicios 2009 S.L. por mor das lamentables condicións laborais que denuncia unha traballadora afiliada a este sindicato.

Así, Barti Servicios contrata en fraude de lei ao realizar a nosa compañeira diferentes servizos que implican contrato indefinido e non a tempo parcial. Denúnciase tamén, a realización de innumerables horas extra non remuneradas, o incumprimento do descanso regulamentado por lei de día e medio semanal ou o pago “en negro” de parte do salario percibido.

Médicos Sin Fronteras xulgada por discriminación de traballadores/as

  • piquete CNT. MSF discriminaFinaliza a campaña de CNT "Moitas cores, mesmos dereitos" co piquete sindical o dia do xuízo
  • Continúan na ONG Médicos Sin Fronteras outros conflitos laborais sen seren resoltos

Este mércores 18 de maio tivo lugar en Compostela o xuizo por discriminación nos contratos de traballo que sofren un compañeiro e unha compañeira extranxeiras traballadores da ONG Médicos Sin Fronteras (MSF) contra a que CNT interpuxo denuncia por vulneración de dereitos fundamentais.

Á entrada dos xulgados compostelanos a CNT realizou outro piquete informativo como parte da campaña "Moitas cores, mesmos dereitos" que pretendeu visibilizar a  problemática laboral na ONG Médicos Sin Fronteras e que veu desenvolvendose nas últimas semanas por diferentes cidades do estado.