Prensa obreira

Laboral

Novas de caracter laboral

A reforma laboral de Rajoy, outro brutal ataque contra os dereitos dos traballadores

Abarata o despedimento, crea novas modalidades de contratos lixo e dá máis facilidades para o descolgue dos Convenios por parte das empresas, ofrece facilidades para realizar despedimentos colectivos e, propón medidas de presión para que os traballadores enfermos non se dean de baixa e crea máis bonificacións para os empresarios, ademais promove novas normas para facilitar o despedimento do persoal laboral do sector público.

A CNT protesta por ataques á libertade sindical

O pasado 27 de xaneiro, no marco da folga xeral convocada contra os recortes sociais do goberno do PSOE, un piquete da CNT en Ferrol concentrouse na porta principal do estaleiro Navantia para repartir información aos traballadores e traballadoras arredor dos motivos da folga. Cando o secretario de propaganda do sindicato, R. López, facía tomas de video da actividade da militancia da CNT, foi abordado por un dos integrantes do operativo policial que custodiaba a porta do estaleiro; o axente da policía pediulle que se identificase. Semáns despois, este afiliado á CNT ficou sorprendido coa citación do xulgado de Ferrol para un xuízo de faltas, por un suposto delito de desobediencia á autoridade.