Prensa obreira

Laboral

Novas de caracter laboral

Contra os recortes e por unha folga xeral europea.

A CNT, o PCPE, o Colectivo ML Forxa!, a Asemblea do 15M e traballadoras e traballadores a título individual, entendendo a necesidade de convocatoria dunha folga

GABRAT S.L. explota e non paga

Gabrat S.L. é unha empresa radicada en Porriño e adicada principalmente á obra pública. Con tan só 10 empregados ten facturado no último ano 2,5 millóns de euros.

A CNT de Ferrol apoia aos traballadores do Ateneo

A CNT de Ferrol apoia aos traballadores do Ateneo O Sindicato de Oficios Varios da CNT de Ferrol quere manifestar o seu apoio ao persoal do Ateneo Ferrolán, diante das manobras do Concello de Ferrol que poñen en perigo o seu traballo. Nestes tempos de crise, cando o Concello debería aportar solucións para os problemas da cidade e da súa xente, o que está facendo é crear problemas absurdos en base a unha política sectaria.

Seguen as concentracións en Pangarcos

Desde CNT Compostela seguimos a concentrarnos ante as portas da panadería Pangarcos para denunciar as politicas laborais do propietario do negocio e visibilizar o conflicto que mantemos polo despedimento dunha compañeira.

Reconversion + mentiras = Desemprego e precariedade!.

O 10 de Xuño marcaba no calendario unha nova movilizacion na defensa do sector naval. Os comites de empresa de Navantia convocavan unha manifestacion que non pretendia ser unha demostracion de forza da clase traballdora e concretamente dos traballadores do sector naval ferrolán, senon un intento de recuperar a imaxe de cohesion, unidade e control da situacion logo dos incidentes da pasada seman cando os traballadores dos asteleiros entraron pola forza no edificio da Xunta, fixeron unha pequena lumeira na porta do Concello e agarraron polo pescozo ao voceiro do comite de empresa de Navantia-Fene. Nas cupulas sindicais acenderonse as alarmas.

Seguimento do conflicto coa panadaría Pangarcos

As compañeiras e compañeiros de CNT Compostela continuamos coas concentracións ás portas de panadaría Pangarcos para denunciar as políticas laborais do propietario do negocio.

 

A reforma laboral de Rajoy, outro brutal ataque contra os dereitos dos traballadores

Abarata o despedimento, crea novas modalidades de contratos lixo e dá máis facilidades para o descolgue dos Convenios por parte das empresas, ofrece facilidades para realizar despedimentos colectivos e, propón medidas de presión para que os traballadores enfermos non se dean de baixa e crea máis bonificacións para os empresarios, ademais promove novas normas para facilitar o despedimento do persoal laboral do sector público.

A CNT protesta por ataques á libertade sindical

O pasado 27 de xaneiro, no marco da folga xeral convocada contra os recortes sociais do goberno do PSOE, un piquete da CNT en Ferrol concentrouse na porta principal do estaleiro Navantia para repartir información aos traballadores e traballadoras arredor dos motivos da folga. Cando o secretario de propaganda do sindicato, R. López, facía tomas de video da actividade da militancia da CNT, foi abordado por un dos integrantes do operativo policial que custodiaba a porta do estaleiro; o axente da policía pediulle que se identificase. Semáns despois, este afiliado á CNT ficou sorprendido coa citación do xulgado de Ferrol para un xuízo de faltas, por un suposto delito de desobediencia á autoridade.