Prensa obreira

Laboral

Novas de caracter laboral

Concentracións solidarias no conflito de "Frutas y Verduras" (APTCfruta)

Vídeo das dúas primeiras concentracións en solidariedade cunha traballadora despedida dunha tenda da cadea de froiterías “Frutas y Verduras” (APTCfruta).

 

Continúa o conflito con "Frutas y Verduras", continúan as concentracións solidarias.

O pasado sábado, 19 de novembro, militantes do SOV de Ferrol concentrámonos unha vez máis en solidariedade coa compañeira despedida tras catro anos traballando en quendas de 5 horas, cando estaba contratada por 3 horas e 20 minutos ao día.pontedeume 19n

Esta circunstancia foi comprobada por unha recente inspección de traballo, o que levou a que as traballadoras que aínda mantén a empresa estean, a día de hoxe, contratadas polo tempo que realmente traballan. Por desgraza, isto chegou tarde para a nosa compañeira, a quen lle foi comunicado o peche da tenda na que traballaba e o seu despedimento durante unha baixa e sen cumprir o requisito legal de preaviso por escrito con 15 días de antelación.

Fraude, trapalladas, explotación laboral... e intentos de levar a trapallada á negociación co sindicato. Así, a empresa non se presentou á conciliación ante o SMAC e mesmo o xestor que leva os asuntos mostrouse ofendido porque as cousas tivesen chegado a tales extremos de... normalidade, xa que o Servizo de mediación, arbitraxe e conciliación está para estes casos en que hai que buscar unha solución entre a empresa e a traballadora despedida. Neste caso, a discrepancia viña de que o empresario tiña defraudado un terzo do que tiña que cotizar pola traballadora, había horas extras sen abonar e no cálculo da indemnización non se tiña en conta o tempo realmente traballado, senón ese 66,6% polo que empresario cotizaba.

Asemblea aberta de figuración, actores e actrices

26/11/2016 11:30

Asemblea aberta de figuración, actores e actrices  Sábado 26 de novembro de 2016. CNT-Compostela

  • A CNT convoca o vindeiro sábado 26 de novembro en Compostela a primeira asemblea aberta de figuración, actores e actrices en Galicia.

Do mesmo xeito que xa se fixo noutros puntos do estado animámos a figurantes, actores e actrices galegos a asistir á asemblea aberta na que profesionales do sector explicaremos por que estamos en CNT, como funciona o noso sindicato e que estamos a facer especificamente no sector do audiovisual.

As dúbidas son habituais na nosa profesión, tan mal regulada e este será un bo espazo onde poderedes facer todas esas preguntas que tedes sobre os vosos dereitos.

Médicos Sin Fronteras suspende unha proxección polas reivindicacións da CNT

 

  • A pasada tarde do día 14 de novembro, a CNT voltou a visibilizar os varios conflitos laborais aos que fai fronte a sección sindical en Médicos Sin Fronteras. 

  • "Médicos Sin Fronteras, empresa que utiliza as medidas de denuncia pública e de presión social para acadar os seus obxectivos, debería saber que o único camiño son o tesón e a loita e que, ainda que non contemos coa súa capacidade mediática nin o resto dos seus recursos de multinacional, non nos imos rendir ata que se faga xustiza"

A multinacional da solidaride sumouse ao evento cinéfilo compostelán por antonomasia, Cineuropa, ca proxección do documental "Affliction" e participando nun debate posterior coa presenza de Miriam Alía, enfermeira expatriada con Médicos Sin Fronteras, Belén Regueira, xornalista, e Maria Diaz, Delegada de comunicación de Médicos Sin Fronteras en Galicia. A CNT denunciou novamente a represión sindical, a discriminación por nacionalidade, os despedimentos masivos como consecuencia da represión e a carencia de dereitos e medios do plantel de captación de socias/os. Repartíronse panfletos informativos entre o público. 

Hoxe, sábado, continuaron as accións en solidariedade coa compañeira despedida por "Frutas y Verduras".

Pontedeume frutasDespois da concentración de onte diante da tenda de "Frutas y Verduras", hoxe tocoulle a quenda á tenda que ten esta cadea en Pontedeume.

Comezaron as accións directas no conflito con "Frutas y Verduras".

concentracionHoxe venres 04/11/2016 compas do sindicato de oficios varios de Ferrol concentrámonos diante do local de Frutas y Verduras no centro comercial de Narón, en solidariedade coa traballadora despedida tras 4 anos traballando en turno de 5 horas, estando contratada por 3.

Celébrase o xuízo por conflito colectivo contra Médicos Sin Fronteras

  • O pasado xoves 3 de Novembro celebrouse o xuizo polo conflito colectivo interposto contra Médicos Sin Fronteras no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. 
  • A pesares dun novo intento á desesperada, Médicos Sin Fronteras non conseguiu adialo novamente.

Dende que se interpuxo o conflicto colectivo, Médicos Sin Fronteras adiou o xuizo ata en catro ocasións non aportando as probas requeridas xudicialmente. Desta vez, aínda cando non entregou toda a proba solicitada, non conseguiron a suspensión do xuizo.

Comeza conflito con APTCfruta, Frutas y Verduras.

Algo cheira a podre nesta cadea de froiterías e, naturalmente, non son as traballadoras.

CNT recibe a Médicos Sin Fronteras nos Xulgados cunha nova concentración

 

O pasado 26 de outubro a CNT volveuse a concentrar ás portas dos Xulgados do Social de Compostela para esixir a Médicos Sin Fronteras a readmisión do noso compañeiro despedido en A Coruña.

O noso compañeiro levaba traballando para a ONG dende o ano 2014 en captación de fondos a pé de rúa e o pasado mes de abril decidiu unirse á Sección Sindical da CNT en Médicos Sin Fronteras para loitar polos seus dereitos como traballador e denunciar as políticas laborais escravizantes, discriminatorias e de represión da susodita organización. Esta situación non gustou a Médicos Sin Fronteras, que decidiu despedilo dous meses despois con motivos que non se sostían entón e non se sostiveron no xuízo, no que todas as testemuñas se contradiciron e mesmo deixaron patente a súa parcialidade con frases coma "eu quero que este xuízo saia a favor de Médicos Sin Fronteras".

Durante a concentración, malia a temprana hora do xuízo, repartíronse centos de cuartillas explicando como Médicos Sin Fronteras explota, acosa e despide a aqueles que se unen para loitar con máis forza.