Prensa obreira

Laboral

Novas de caracter laboral

CNT acorda con Coremain tras demanda de cesión ilegal

Sección Coremain

  • Coremain recoñece o total da antigüidade ao traballador.
  • A cesión ilegal de traballadores é unha práctica habitual, pero ilegal, no sector informático que favorece á súa precarización.

A poucos días para a celebración do xuízo no que un traballador demandaba a Coremain e Zemsania por cesión ilegal de traballadores, a empresa Coremain ofrece un acordo beneficioso para o afiliado á CNT que inclúe todo o que se poderían ter acadado unha vez celebrado o xuízo. O traballador xa tiña sido contratado de forma indefinida pero aínda faltaba que se lle recoñecera a antigüidade, que agora se incluiu no acordo.

Desde a CNT recórdase que "no sector da informática é práctica habitual a subcontratación ilegal tal como fai na maioría dos casos empresas como Zemsania"  e anímase a "denunciar sempre este tipo de conductas empresarias que o único que conseguen é precarizar o sector"

O Tribunal Superior arremete contra Médicos Sin Fronteras

 

  • Médicos Sin Fronteras recorreu ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tras ser condenada por discriminación en primeira instancia.
  • Durísima sentenza desestima a prentensión da ONG e condénaa a pagar as custas do procedemento.

No pasado mes de xuño, Médicos Sin Fronteras foi condenada por discriminación a unha traballadora e un traballador do sindicato CNT pola súa conduta ao non converter en indefinidos os seus contratos pola súa orixe estranxeira.

A ONG presentou recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que agora desestima a súa pretensión de ser absolta e dita unha sentenza que desmonta todos os pretextos de mala perdedora de Médicos Sin Fronteras.

Sinálase que, a pesar do alegado por Médicos Sin Fronteras, «a duración do contrato de traballo determina a duración da autorización para traballar, pero non á inversa" e que tal como se sinalou en primeira instancia, isto «comporta unha discriminación pola súa condición de estranxeiros».

A acción directa funciona tamén no conflito de “Frutas y Verduras”.

O sindicato de oficios varios da CNT de Ferrol da por rematado o conflito coa empresa “Frutas y Verduras” (APTC Fruta), despois da sinatura dun acordo no que se recoñece a débeda coa traballadora e se poñen os prazos para o pagamento da cantidade debida.

O acordo asinouse ante o avogado do sindicato e foi depositado no xulgado do social da Coruña, pero foi froito das reunións levadas a cabo por compas do sindicato coa empresa tralas concentracións en solidariedade coa compañeira despedida.

A empresa xa realizou o primeiro dos pagos comprometidos, polo que -sen perder de vista que se cumpra o compromiso a satisfacción da compañeira- non nos queda máis que agradecer a vosa solidariedade a todas as que vos mobilizastes con nós neste conflito.

 

Conta comigo, conta con CNT!

Médicos Sin Fronteras rectifica e cede reincorporando á nosa compañeira.

 

  • Médicos Sin Fronteras cede ante as accións directas e xudiciais.
  • Non se depurarán responsabilidades no departamento de recursos humanos.

Médicos Sin Fronteras foi demandada a pasada semana ao non cumplir cos dereitos de conciliación familiar da nosa compañeira, captadora de fondos, en Santiago de Compostela.

A nosa compañeira levaba pouco máis dun ano en situación de excedencia por coidado da súa filla e solicitou reincorporarse o pasado decembro. Trátase dunha situación prevista polo órgano lexislador, que protexe ás persoas que decidan conciliar as súas vidas profesionais e familiares por medio de este tipo de excedencia, obrigando ás empresas a reservarlles un posto de traballo sen supeditación á existencia de vacantes.

Médicos Sin Fronteras non respecta a conciliación familiar

 

  • O abuso patronal por parte de Médicos Sin Fronteras continúa.
  • Médicos Sin Fronteras volve a ser demandada ao realizar un despedimento encuberto.
  • Unha compañeira deste sindicato pediu reincorporarse da súa excedencia por coidado dunha menor sen éxito.

Médicos Sin Fronteras segue coas suas políticas laborais deplorables ao non respectar algo tan básico como é o dereito á conciliación laboral e familiar das persoas traballadoras. A nosa compañeira solicitou unha excedencia por coidado da súa crianza logo de desfrutar da súa baixa por maternidade, denegándoselle agora o seu reingreso xa que "o pasado 13 de Outubro se procedeu á amortización do seu posto de traballo" xunto cos despedimentos da sección da CNT.

CNT convoca asemblea traballadores/as do GES da Guarda

logo GES A Guarda

Os traballadores de CNT no GES de A Guarda, en virtude das capacidades outorgadas no art. 77.1 do ET, formalizan a convocatoria dunha asemblea de traballadores do GES de A Guarda, para os días 12 e 13 de Xaneiro de 2017 ás 09:30h.

ACNUR paga o que debes !

  • acnur condenadaO Comité Español do ACNUR ven de ser condenado a abonar as cantidades adebedadas a dúas captadoras de socios en Compostela, unha delas, afiliada á CNT.

A praxis desta ONG viña sendo aplicar en todo o estado o convenio coletivo da provincia de Madrid, onde ten a sede, e onde casualmente os salarios son inferiores aos de outras provincias. Ademáis, non pagaba dietas nin desplazamentos e agora, tres anos despois da demanda interposta por estas persoas, a xustiza condena a ACNUR a desembolsar e saldar a súa débeda.

CNT presente no debate asociativo de Médicos Sin Fronteras

CNT fixo acto de presencia na sede de Médicos Sin Fronteras o día no que o asociativo se reunía para ter un debate sobre "os riscos da democracia" e a posición da organización ante o "novo orde mundial de gobernos populistas".

Compañeiras e compañeiros do sindicato en Barcelona achegáronse para repartir información e denunciar as políticas laborais represivas ás que é sometido o plantel de captación de fondos.

Recordaron ás asociadas e asociados, que son as persoas que teñen voz e voto na asamblea, que Médicos Sin Fronteras foi recentemente condenada por discriminación, por modificación substancial das condicións de traballo, e que están vistas para sentencia dúas das máis de 70 causas abertas contra a organización.

Tamén se recordou a persecución daquelas persoas que reclaman os seus dereitos e a falta de depuración de responsabilidades no seo do departamento de recursos humanos.

CNT concéntrase no concesionario de Ford de Compostela

Concentración FORD compostela

  • Reclámase a readmisión do delegado sindical de CNT nunha auxiliar da factoría Ford en Valencia
  • O sindicato compostelano participa na xornada de loita contra Ford convocada a nivel estatal

O Sindicato CNT iniciou unha campaña informativa de ámbito estatal polo conflito que mantén contra Ford España tras o despedimento dun representante da Central Sindical. En particular, trátase do Delegado da Sección Sindical de CNT na empresa Quality Services Production, mercantil que presta servizos directos á factoría Ford de Almussafes (Valencia).

A Xunta rectifica as limitacións impostas na flexibilidade dun traballador

  • AMTEGA. Xunta GaliciaO traballador demandou a resolución da flexibilidade por conciliación familiar que lle foi comunicada o pasado setembro
  • Antes do xuízo a Xunta emite nova resolución onde amplía o horario de referencia e elimina o horario diario de presenza obrigatoria

O traballador informático da AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) da Xunta de Galicia reclamou nos xulgados a resolución de flexibilidade por conciliación familiar que lle fora comunicada o pasado setembro. Nesta resolución a Xunta de Galicia limitaba o dereito á flexibilidade horaria por conciliación familiar do noso compañeiro Por un lado, restrinxía o marco horario de referencia ao horario de mañá e por outro, impedía o acúmulo de xornadas establecendo un horario diario de presenza obrigatoria.