Prensa obreira

Laboral

Novas de caracter laboral

CNT denuncia o ERTE ilegal de Pórtico Comunicaciones

  • Portico logoDestapase outro entramado empresarial fraudulento que alega causas económicas para os despedimentos
  • O 25% da plantilla vese afectada pola suspensión dos seus contratos

A firma audiovisual compostelana Pórtico Comunicaciones ven de impoñer o pasado abril un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) para parte da súa plantilla alegando causas organizativas e produtivas.

CNT denuncia este ERTE por consideralo ilegal e ser na realidade unha maniobra do grupo de empresas patolóxico denominado Atlantida Media, que a compostelana Pórtico Comunicaciones forma, xunto coas empresas radicadas no Concello de Ames: Zenit Televisión e Cinemar Films.

O Concello de A Guarda incumpre a lexislación de prevención e seguridade

  • GES SoluciónO Concello non facilita a información e acumula incumprimentos na materia, especialmente no servizo de emerxencias
  • A resolución da Inspección de traballo deu a razón á denuncia de CNT máis o Concello continúa sen dar solucións

A Sección de CNT no Concello de A Guarda leva solicitando meses ao Concello que se comunique o plan de prevención e o análise de riscos e que cumpra co regulamentado en materia de prevención e seguridade.

Ante as constantes evasivas e negativas por parte dos responsables do Concello, a CNT presentou denuncia ante a Inspección de Traballo e Seguridade Social de Pontevedra. A resolución da Inspección de Traballo foi clara e ratificou as denuncias aportadas desde a Seccion Sindical obrigando ao Concello de A Guarda a facilitar a información en materia de prevención e seguridade, a elaborar os informes pertinentes dos que carece e a subsanar as deficiencias atopadas.

Nova condena ao colexio Santa Apolonia

  • Declarase nula a decisión da empresa de suprimir funcións docentes dun profesor
  • Constátase unha nova victoria da CNT sobre o colexio privado Santa Apolonia de Compostela

 

A xustiza ven de declarar a nulidade da decisión do colexio Santa Apolonia de suprimir as funcions docentes que viña desenvolvendo coma profesor o Delegado da Sección Sindical da CNT. A sentenza condena á empresa compostelana a restituír nas funcions docentes ao noso compañeiro dentro da súa xornada de traballo.

A CNT denuncia o entramado empresarial de Confecciones Deus

Confecciones Deus (Ordes)

  • A firma textil de Ordes despide cun ERE extintivo máis de cen traballadoras
  • A CNT denuncia que o grupo empresarial, cun entramado ficticio de máis dunha ducia de empresas, cometeu fraude fiscal e procuraba a súa descapitalización.

A CNT ven de presentar demanda por despedimento contra Confecciones Deus e todo o seu entramado empresarial derivado do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) extintivo que a empresa de Ordes presentou o pasado mes de marzo e que supuxo a perda do posto de traballo para máis de cen traballadoras.

A CNT denuncia que Confecciones Deus é, na realidade, un entramado empresarial ficticio, conformado por máis dunha ducia de empresas creado para levar a cabo prácticas fraudulentas tanto en materia laboral como fiscal e que vulnera os dereitos elementais das súas traballadoras.

CNT denuncia á Panadería Volován

  • Panaderia volvovánA Panadería Volován do Rosal denunciada por non respectar a conciliación familiar dunha traballadora.

CNT vén de presentar demanda nos xulgados por un novo caso dunha traballadora da hostelería á que non se lle respectan os seus dereitos de conciliación da vida familiar, neste caso na Panadería Volován do Rosal.

Os problemas da traballadora xurdiron coa solicitude de concreción horaria ao comunicar unha redución de xornada por garda legal. Os empresarios de Volován non só se negaron a facilitar a conciliación horaria da compañeira senón que lle impoñen agora un lesivo horario que incumpre ademais o establecido no seu propio contrato de traballo.

Concentracións no xulgado en apoio das despedidas/os por Médicos Sin Fronteras

 

  • Novos piquetes de protesta como parte da campaña "MSF explota e despide"
  • Celebrados esta semana os xuízos das últimas compañeiras despedidas en Médicos Sin Fronteras.

Esta semana a CNT Compostela realizou dúas concentracións coincidindo cos últimos xuízos polos despedimentos do pasado outubro dos traballadores e traballadoras que a ONG Médicos Sin Fronteras tiña contratadas para a captación de fondos.

Tribunal Supremo condena a Xunta por despedimento nulo

  • O Tribunal Supremo dá a razón à CNT e obriga á readmisión definitiva de informático da Amtega.AMTEGA
  • A Xunta deberá aboar os salarios devengados durante o tempo do despedimento así como as custas do proceso.

Recente sentenza do Tribunal Supremo confirma a readmisión do sindicalista da CNT no seu posto de traballo na Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia).

Tal e como xa mandatara o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en 2015, o informático ten dereito ao proceso de consolidación do seu posto de traballo sendo declarado nulo, por este motivo, o seu despedimento en xuño de 2014.

Novas protestas en solidariedade coas sindicalistas represaliadas en Médicos Sin Fronteras

 

  • Piquetes nas sedes de Médicos Sin Fronteras en Compostela e Madrid no inicio dos xuízos

 Esta semana CNT Compostela realizou dúas concentracións coincidindo co inicio dos xuízos polos despedimentos dos traballadores e traballadoras que a ONG Médicos Sin Fronteras tiña contratadas para a captación de fondos.

 De novo as protestas sindicais escoitaronse nas sedes compostelá e madrileña de Médicos Sin Fronteras e tiveron continuidade nas portas dos xulgados do social onde tiveron lugar os dous primeiros xuízos dos cinco que han celebrarse.

Médicos Sin Fronteras explota e despide

 

 

  • Comeza a campaña de loita contra a explotación do persoal de captación de fondos e os despedimentos en Médicos Sin Fronteras.
  • O pasado mes de Outubro a ONG despediu a cinco persoas, todas membros do sindicato CNT, alegando causas organizativas.

En resposta aos despedimentos producidos na delegación compostelana de Médicos Sin Fronteras, a Confederación Nacional do Traballo inicia unha campaña de denuncia pública contra a mentada ONG esixindo a inmediata readmisión das persoas represaliadas por defender os seus postos de traballo. 

A CNT concentrouse unha vez máis diante da delegación que Médicos Sin Fronteras ten na compostelana rúa do Vilar. Megáfono en man, levouse a cabo o pertinente reparto de centos de trípticos informativos facendo chamamento á poboación para que amose a MSF o seu descontento con esta situación de abuso patronal.

Máis de medio millón de visualizacións.
O inicio da campaña foi seguido de forma masiva a través das redes sociais, onde se conseguiu visibilizar o conflito mediante o hashtag #MSFexplotadespide.

CNT acorda con Coremain tras demanda de cesión ilegal

Sección Coremain

  • Coremain recoñece o total da antigüidade ao traballador.
  • A cesión ilegal de traballadores é unha práctica habitual, pero ilegal, no sector informático que favorece á súa precarización.

A poucos días para a celebración do xuízo no que un traballador demandaba a Coremain e Zemsania por cesión ilegal de traballadores, a empresa Coremain ofrece un acordo beneficioso para o afiliado á CNT que inclúe todo o que se poderían ter acadado unha vez celebrado o xuízo. O traballador xa tiña sido contratado de forma indefinida pero aínda faltaba que se lle recoñecera a antigüidade, que agora se incluiu no acordo.

Desde a CNT recórdase que "no sector da informática é práctica habitual a subcontratación ilegal tal como fai na maioría dos casos empresas como Zemsania"  e anímase a "denunciar sempre este tipo de conductas empresarias que o único que conseguen é precarizar o sector"