Prensa obreira

Memoria Histórica

Corpos de cenetistas asasinados en 1937 serán exhumados en Grandas de Salime (Asturies)

O día 11 de agosto comenzará no concello asturiano de Grandas de Salime a exhumación dunha decena de militantes (a maior parte deles galegos e da CNT) asasinados en outubro de 1937.

O historiador Dionisio Pereira será xulgado o 2 de Outubro

dionisio pereira
O pasado 18 de Xullo nos xulgados da Estrada tivo lugar a vista previa do xuízo por motivo da denuncia presentada pola familia Gutiérrez contra Dionisio Pereira quen mencionara nunha das súas investigacións a R. Gutiérrez como represor na vila pontevedresa de Cerdedo, durante e despois da Guerra Civil ( na vila de Cerdedo habia un sindicato de canteiros da CNT).

Estrea do filme "A Sombra Negra" en Compostela

Estrea do filme A Sombra Negra

O 19 de Xullo às 20 h. estrea en Compostela do filme “A sombra negra” no local sindical da CNT (r/ Garcia prieto 24-28). Filme de 75´ de duración, producido e realizado pola CNT Galaica, no que desde a nosa própria perspectiva, através do testemuño de diversos compañeiros e compañeiras maiores que narran as suas experiéncias antes e despois do golpe militar fascista do 36 (algúns deles infelizmente desaparecidos no entanto) e co obxectivo da recuperación da memória libertária na Galiza.

Homenaxe ao anarquismo coruñés de Atochas-Monte Alto

Organizada pola Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, o venres 29 tivo lugar n’ A coruña unha homenaxe aos anarquistas represaliados no 37. Através dun percorrido por dez lugares representativos (casas e prazas) do barrio Atochas-Monte Alto, foi rememorada e reivindicada a luz que o movemento libertario herculino ofreceu á sociedade urbana até que o alzamento fascista determinou a súa extinción.

70 cabodano da caída das atochas

CELEBRACIÓN DO SETENTA CABODANO DA CÁIDA DAS ATOCHAS,

ROTEIRO POLO BARRIO ATOCHAS-MONTE ALTO DA CORUÑA

ORGANIZA: COMISIÓN pola RECUPERACIÓN da MEMORIA HISTÓRICA da CORUÑA

LUGAR: Saída do centro do Campo da Leña, (agora Praza de España)

Resplandor das atochas

O Resplandor das Atochas é un xornal de 8 páxinas editado na cidade da Coruña pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica.
Este xornal lembra a matanza e desertallamento da Federación Anarquista Iberica e da CNT herculina do verán de 1937. O Xornal moi ben editado vaen acompañado de importantes documentos graficos dos feitos, dos lugares e das familias dos anarquistas coruñeses.

Casas Anarquistas de Mulleres Libertárias

A CNT da Galiza ven de sacar á luz un interesante folleto da profesora da Universidade de Santiago de Compostela, Carmen Blanco, titulado "Casas anarquistas de mulleres libertarias”. A resisténcia anarquista das mulleres despois do levantamento fascista de 1936. O que comezou sendo unha charla en Pontevedra, rematou por se converter nun folleto, editado pola CNT (Confederación Nacional do Traballo), onde se narra a organización e compromiso das mulleres anarquistas naqueles primeiros anos do fascismo que actuaron xenerosa e solidariamente para intertar librar dunha morte segura a decenas de sindicalistas da CNT, de mulleres afiliadas a Mulheres Livres e de anarquistas da FAI (Federación Anarquista Ibérica) e da Federación Ibérica de Xuventudes Libertárias. Arriscaron a sua vida para salvar a persoas que non tiñan que ver co movimento libertário.

70 cabodano da queda das Atochas- A Coruña 1937-2007

Charla-colóquio, venres, 4 de maio, ás 20.00 h.

Coléxio Curros Enríquez, enriba do Campo de Marte, Montealto.

Participan:
Carme Balnco
Claudio Rodríguez Fer

Homenaxe no peirao do Portiño (San Pedro de Visma)-A Coruña

Homenaxe no peirao do Portiño (San Pedro de Visma)-A Coruña
Venres día 9 ás 19,30 h.

Despois do golpe militar de 1936, militantes do poderoso sindicato de traballadores do mar da Coruña, o “Despertar Marítimo”, da CNT, foron quen de preparar varias fuxidas por mar. Nelas marcharon os militantes máis comprometidos na resistencia e moita xente moza que desexaba evitar a chamada a filas no exército franquista. Despois de varias fugas exitosas en outubro e decembro de 1936, veu a fuga do Monte de San Pedro. Nela, varios militantes anarcosindicalistas coruñeses serían introducidos polos sindicalistas pesqueiros en dos barcos que ían sair a faenar, o “José” e “Generoso Linares”. Unha vez en alta mar, os barcos serían asaltados polos mariñeiros e militantes libertarios, para ir recoller a toda a xente que acudir á ensenada do Portiño.