Prensa obreira

Memoria Histórica

denuncia contra o investigador Alfredo González Ruibal

Este xoves, 15 de maio, terá lugar na Estrada o xuízo contra o compañeiro de Verbo Xido e xerente do Centro Etnográfico Terra de Montes, Alfredo González Ruibal. Ás 11,30 horas será a vista previa da demanda presentada pola familia do ex-alcalde franquista de Cerdedo, Manuel Gutiérrez Torres.

O sindicato da CNT de Pontevedra quere solidarizarse tanto con Alfredo como co historiador Dionisio Pereira, que está a sufrir unha situación similar.

Un anarquista da CNT dos Ancares sobreviviu isolado durante 40 anos

Recuperados os diários do militante anarquista da CNT, Gonzalo Becerra, natural dos Ancares (1910-1976)

Gonzalo Becerra Souto sobreviviu oculto (na sua casa!) desde o ano 36 até a sua morte, durante 40 anos en As Nogais (Os Ancares), na sua aldea natal, utilizando un zulo de dous metros cuadrados construído nun lateral da mesma.

Rogelio Arca Rivas : Un canteiro confederal de Terra de Montes

rogelio

O pasado sábado 2 de Febreiro, a Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes “Verbo Xido” e a Editorial “Difusora de Letras, Artes e Ideas” de Ourense, apresentaron o libro Canteiros da Terra de Montes no Exército Popular da República. Album de Guerra, da autoria do compañeiro Rogelio Arca Rivas e Dionisio Pereira.

Desestimada a denúncia da família dun ex-alcalde franquista contra o historiador Dionísio Pereira

dionisio pereira

O Xulgado de Primeira Instáncia da Estrada acaba de desestimar a denúncia que a família dun ex alcalde franquista de Cerdedo, Manuel Gutiérrez Torres, apresentara contra o historiador Dionisio Pereira. Os descendentes do rexedor consideraban que un estudo do autor sobre a represión en Terra de Montes constituia un atentado contra a honra do que fora tamén xefe da Falanxe na localidade.

En Homenaxe a Joaquina Dorado Pita

joaquina dorado aniversario

O pasado 25 de Xuño, Joaquina Dorado Pita cumpriu 90 anos. E tivo unha festa homenaxe rodeada das suas compañeiras e compañeiros. Montse Fernández, fixo unhas notas bibliográficas desta luitadora anarquista da CNT. Hoxe temos a satisfacción de dispor deste material e publica-lo. Unha aperta Joaquina.

Sobre a Lei de Memória Histórica

memoria historica CNT

Comunicado do Secretariado Permanente da CNT-AIT

Nos últimos tempos oe-se falar sen cesar da memória histórica e a proxectada Lei. Sen embargo, esa Lei -que acaba de ver a luz- deberia ter sido innecesária se se tivese producido a rotura co réxime franquista que a nosa Organización preconizaba e que o pobo agardaba; dita rotura non foi posíbel grazas aos chamados Pactos da Moncloa, de cuxa sinatura cumpre-se agora o trixésimo aniversário.

Enfrentamentos en Roma entre antifascistas Italianos e fascistas españois

enfrontamentos anarquistas fascistas Roma

Un mozo de tendencia anarquista foi detido pola protesta levada a cabo na porta dunha iglesia de Roma confiada ao Opus Dei, na que varias persoas da mesma ideoloxía colocaron unha pancarta contra a beatificación dos 498 "mártires" españois, orixinando unha pelexa cos fieis.

Acebo 1937-2007. 70 anos na Memoria

Moreno_Coperativa
Cando o 11 de Agosto pasado a “Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica” empezou a exhumar as foxas dos compañeiros do Batallón Galicia asasinados na vertente asturiana do porto do Acebo