Prensa obreira

Memoria Histórica

“Morrer é esquecer, sen dúbida”

CNT cartaz 36De 1936 a 2009 o mesmo anelo, o mesmo grito: liberdade e xustiza social; anarco-sindicalismo

O siléncio institucionalizado sobre a nosa história imediata, praticado deliberadamente desde a chamada “transición democrática” (con todos os partidos políticos, sistema educativo e meios de comunicación traballando niso), non pudo fechar feridas que só coa verdade, a xustiza social e a reparación será posíbel cicatrizar.

Curuxás, guerrilleiro e anarco-sindicalista

 

Concello de Toques na Terra de Melide, sábado 27 de Xuño à tardiña, na parroquia de Vilamor celebra-se un emotivo acto con grande calor humano e moito público, na memória de Ramón Rodríguez Varela “Curuxás”, anarco-sindicalista da CNT e utilizando o título do libro de Carlos Parrado, “Curuxás, o guerrilleiro que non cazou Franco”.

A aplicacion da Lei de Memoria Histórica en Pontevedra

Hoxe martes 12 de maio tivo lugar na Casa das Campás unha charla sobre a Aplicación da Lei da Memoria Histórica na cidade de Pontevedra.

A CNT de Compostela participa nas xornadas sobre arqueoloxia, sindicalismo e memória histórica de Barcelona

charla barcelonaA CNT de Compostela participará este sábado 16 de Maio nas primeiras Xornadas sobre arqueoloxia e sindicalismo que organiza a sección de arqueloxia da CNT de Barcelona e que terán lugar os dias 15 e 16 de Maio na Universidade de Barcelona. Concretamente, na sesión relativa à negociación dos distintos convénios do sector en distindos lugares do Estado Español é na que participará un compañeiro deste sindicato, aportando as experiéncias da negociación do convénio galego.

O contido completo das Xornadas é o que segue:

Faleceu en Barcelona Abel Paz

abel pazAbel Paz, seudónimo de Diego Camacho, faleceu onte en Barcelona. O seu nome permanecerá unido á figura de Buenaventura Durruti, de quen fixo a mellor e máis ampla biografia publicada até hoxe. Militante da CNT, participou na guerra civil e despois na loita clandestina contra a ditadura do Xeneral Franco. Foi detido e condenado a prisión en duas ocasións polas suas actividades anti-fascistas desenvolvidas no Estado español.

Publicou numerosos libros tanto de carácter auto-biográfico como histórico. Nunca foi considerado un historiador polos sacerdotes da Historia porque non se formou nas áulas universitárias e carecia do título oficial de "historiador". Tanta mezquindade e tanta ruindade non serveron para evitar que a sua  biografía de Buenaventura Durruti fora traducida e publicada en  catorce idiomas.

A Audiencia Provincial de Pontevedra absolve a Dionisio Pereira

Logo de dous anos de loita xudicial, esta mañá a Audiencia Provincial de Pontevedra confirmou a absolución proclamada polo Xulgado da Estrada, ante a denu

Faleceu en Barcelona o compañeiro Luis Andrés Edo.

edo

Veu falar da sua vida militante como membro de “Defensa Interior”, un amaño anarquista para mudar de golpe o réxime franquista sobre a base da execución de Francisco Franco. Para iso veu desde o exílio e por aquilo pagou vários anos de talego.Con Edo marcha un trozo da vida militante e comprometida da CNT, un compañeiro.

Acto en recordo dos asasinados en Marín

Marín, 13:00, 31 de decembro de 2008

As tres Marías

Na entrada da Alameda Compostelán atopamos duas mulleres de vestir estrafalario, fotografiadas por centos de turistas que as levan nas súas cámaras como recordo e "souvenir"desta Compostela desmemo