Prensa obreira

Memoria Histórica

Sanfins homenaxea a Coluna da liberdade

Homenaxe á Coluna SanfinsNo pasado domingo, día 30 de outubro, Sanfins recebeu a merecida homenaxe que o grupo de Memoria Histórica da CNT Galiza, xunto con Sociedade Histórica e Cultural «Coluna Sanfins», organizaba para resgatar este feito histórico de resistencia ao golpe militar fascista de 1936.

A xornada comezou cunha palestra no antigo local sindical da CNT en que participaron Xerardo Agrafoxo, Pepe Sendón, Joám Evans Pim, Lorena Cuevas e Eliseo Fernández que ofreceron ás e aos asistentes unha imaxe xeral do que foi a Coluna Sanfins, a súa repercusión e importancia no contexto galego da organización obreira do sindicato mineiro.

Homenaxe á Coluna SanfinsDestacaron personalidades recoñecidas pola súa importancia no movimento obreiro, como Henrique Fernández, Claro Sendón ou Ramón Varela «Curuxás» así como toda unha rede anónima de solidariedade que permitiu no rural galego, non só a existencia de resistencia durante décadas, mais tamén de accións ofensivas contra determinados obxectivos do rexime fascista. Tamén tivo especial destaque o papel das mineiras no proceso de usurpación de terreno comunal do viciños por parte do estado e das empresas, chegando até aos nosos días.

Comeza a campaña de crowdunfing para Coluna Sanfins

Homenaxe á Coluna SanfinsA CNT vén de lanzar a campaña de crowdfunding para o financiamento do monumento popular dedicado á Coluna Sanfins.

Este monumento fai parte da homenaxe que o grupo de Memoria Histórica da CNT, xunto coa Sociedade Histórica e Cultural «Coluna Sanfins» de Lousame, organiza o próximo domingo, día 30 de outubro nas minas de Sanfins.

No contexto das XXIV Jornadas Libertárias de Compostela, no próximo domingo realizaranse unha serie de actos que inclúen unha palestra con historiadores sobre o feito histórico de resistencia ao golpe fascista e combate pola liberdade, apresentación do libro «Breve historia da Coluna Sanfins» editado pola CNT, participacion musical de Nota Bene, romaria e roteiro libertário polas minas de Sanfins.

Para sufragar o monumento popular foi posto á disposición das persoas que quixeren colaborar unha campaña de crowdfunding en Goteo.org e disponibilizou-se unha web propia con toda a información.

Memoria Histórica publica libro sobre a Coluna Sanfins no 80 aniversario

Capa da Breve Historia da Coluna Sanfins   Contracapa da Breve Historia da Coluna Sanfins

O Grupo de Memoria Histórica da CNT Galiza vén de publicar un libro que trata da mobilización obreira en defensa da liberdade trás o golpe fascista de 1936 iniciada polos mineiros de Lousame na chamada Coluna Sanfins.

Esta homenaxe a unha historia esquecida foi realizada coa colaboración da Sociedade Histórica e Cultural «Coluna Sanfins» e conta con 120 páxinas sob licenza Creative Commons que narran a historia da Coluna Sanfins, as suas orixes, o contexto histórico e a importancia da minería, a represión e resistencia e os vestixios da memoria obreira.

Unha nova negativa do Estado á devolución de documentos roubados polo fascismo

O pasado 12 de xuño, Raúl Solleiro Mella, neto do anarquista Ricardo Mella, recibía de parte do Estado español unha nova negativa á devolución dos documentos roubados á súa nai Urania Mella cando esta fora detida polas forzas franquistas en 1936. Entre estes documentos constan varios textos orixinais do seu avó, como Sindicalismo y anarquismo ou En defensa del anarquismo. Lucha de clases, textos de grande valor non só sentimental para a familia, senón tamén de grande valor histórico para o propio anarquismo e toda a sociedade.

Mesa aberta "Acción Libertaria"

A cargo de Eliseo Fernández e Carlos Taibo

Xoves 24 de abril ás 18:00h

Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (Avda. García Barbón, nº 5)

Primeiras declaracións ante a xustiza arxentina sobre vítimas libertarias da Galiza

O pasado día 11 de marzo tivo lugar na Coruña, na casa-museo de Casares Quiroga, a toma de declaración ante a xustiza arxentina a varias persoas e colectivos memorialistas que presentaron denuncia na querela aberta nese Estado en 2010 en nome das vítimas da represión franquista que xa non poden defenderse.Acto querela arxentina

Visita do relator da ONU Pablo de Greiff a Compostela

Visita do relator da ONU Pablo de Greiff a CompostelaO pasado día 29 de xaneiro tivo lugar en Compostela unha visita de Pablo de Greiff, relator para a verdade, a xustiza, a reparación e as garantías de non repetición do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos da ONU. O obxectivo desta visita, ao igual que outras tres previas celebradas en distintos puntos do territorio estatal (Madrid, Sevilla e Barcelona), era celebrar reunións do relator con colectivos memorialistas, vítimas do franquismo e familiares das mesmas para escoitar as súas reivindicacións de reparación e xustiza.

Homenaxe a Secundino Bugallo e Francisco Arca

O pasado martes 13 de agosto celebrouse un acto en homenaxe aos dous compañeiros da CNT Secundino Bugallo Iglesias e Francisco Arca Valiñas, asasinados por fascistas en Ponte do Barco (Pedre, Cerdedo) a noite de 13 de agosto de 1936, e a tódalas vítimas da represión fascista na comarca da Terra de Montes. O acto foi organizado, un ano máis, pola Asociación Ecoloxista e Cultural da Terra de Montes "Verbo Xido" e por familiares dos compañeiros.

Proxeción do filme Fóra e coloquio cos directores

21/03/2013 20:00

fóra CNT

A CNT de Compostela proxectará o filme Fóra, filme que, dirixido por Pablo Cayuela e Xan Gómez, conta a historia do barrio de Conxo en función do espazo nuclear do hospital psiquiátrico, en base ao que apresentan diversas reflexións sobre a loita obreira de onte e de hoxe, a psiquitría, a enfermidade... A proxeción será o xoves 21 de Marzo, ás 20:00, no local da CNT (García Prieto, 24-28) e contaremos coa presenza dos directores.