Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

Pontevedra

Montes suxos, negocios suxos.

Ben é certo que o noso sofrido monte galego non está, desde hai moito tempo, para moitos trotes gracias ao trato recibido na súa historia.
E agora, entrado o século XXI, non ten desperdicio o mesmo temple hereditario con que algunhas comunidades de montes fan uso del. E non só perxudican ao monte, senón tamén aos traballadores forestais que contratan nos mesmos para labores de mantemento e limpeza.

Constituida a Seccion Sindical da CNT na Universidade de Vigo, Campus de Pontevedra.

Desde o Sindicato da CNT de Pontevedra queremos comunicar a constitución onte día 19 de xuño de 2008 da Sección Sindical da CNT no Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo. Esta mañá o noso delegado presentaba en rexistro a acta de constitución.

Despois de varias asembleas e reunións nas que se teñen tratado a idoneidade da constitución desta sección, así como os principios tacticas e finalidades polas que se rixe a Confederación, onte dábase o último paso.

Marcha contra o complexo de Celulosas: ¡Peche Xa!

manifestacion contra ENCE

Un ano mais a CNT marchou sobre a fábrica de Celulosas de Pontevedra.

A manifestación convocada pola Asociacion Pola Defensa da Ría partiu dende as alamedas de Marín e Pontevedra con representación do sindicato en ambalas duas marchas que confluiron fronte a fabrica.

Este ano a protesta se centrou na autorización ambiental expedida pola "moi progresista" Xunta de Galicia que permitirá a actividade fabril polo menos ata 2011. A cidadania da bisbarra esta farta de aguantar promesas incumplidas, intereses politicos e economicos que perpetuan unha fabrica condeada por delicto ecoloxico, que impide o crecemento natural e ordeado da ría e que ten destruido os recursos naturais e a saude dos habitantes e que supón un risco inminente contra a seguridade de unha enorme cantidade de poboación.

FILTRALAR cede á CNT

Como informaramos en anteriores ocasións a CNT de Pontevedra iniciou un conflicto coa empresa FILTRALAR na que o noso compañeiro traballaba como comercial, agora no servicio técnico.

A empresa tivo que verse as caras cun traballador completamente consciente e informado dos seus dereitos. O noso compañeiro Jose Alberto non tirou ningun papel, senón que os ten ben ordeados coas firmas do seu xefe no que se recoñecen: horas extras, quilometraxe feita, dietas e servizos varios que tivo que facer para a empresa. Todos estes "extras" non foran aboados ata que a CNT non entrou no conflicto.

Sin extras non hai paraiso

O noso compañeiro Hugo traballaba na reparación de martelos pneumáticos na empresa Disgandara S.L.

Traballaba nove horas diarias e tres de cada catro sábados ao mes. Esta hora extra diaria non a cobraba, e nin no acordo de palabra nin no contrato se especificaba que se traballase os sábados. Das 360 horas que tería que traballar cada mes, estivo facendo 417 sen nada a cambio.

denuncia contra o investigador Alfredo González Ruibal

Este xoves, 15 de maio, terá lugar na Estrada o xuízo contra o compañeiro de Verbo Xido e xerente do Centro Etnográfico Terra de Montes, Alfredo González Ruibal. Ás 11,30 horas será a vista previa da demanda presentada pola familia do ex-alcalde franquista de Cerdedo, Manuel Gutiérrez Torres.

O sindicato da CNT de Pontevedra quere solidarizarse tanto con Alfredo como co historiador Dionisio Pereira, que está a sufrir unha situación similar.

A Consellería de Medio Ambiente concede a autorización ambiental ó complexo ENCE-ELNOSA

Facendo oídos xordos ás peticións da sociedade pontevedresa que se manifestou recentemente contra a concesión da licenza, a Consellería de Manuel Vázquez Fernández otorgou a Autorización Ambiental Integrada (AAI).

1º de maio da CNT en Pontevedra

 

Este ano preto de 200 persoas secundaron a convocatoria da CNT e se manifestaron para celebrar o día da Clase Obreira en Pontevedra.

Panfleto e acto de conciliación do conflicto Filtralar S.L.

José Alberto soñaba con cobrar un soldo, agora sofre insomnio

Filtralar S.L. prometía un gran futuro ao compañeiro, pero non cumpliu nada.
A empresa prometíalle:
• Coche de empresa

non á concesión da licencia medioambiental ó complexo ENCE-ELNOSA

Este ano de novo o sindicato CNT apoiou a manifestación convocada en Pontevedra pola Asociación pola Defensa da Ría. Nesta ocasión o lema era ""NON Á AUTORIZACIÓN AMBIENTAL A ENCE‐ELNOSA" "IMPIDAMOS A CONSOLIDACIÓN DO COMPLEXO NA RÍA".