Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

Pontevedra

Manifestación en Compostela o 10 de Novembro

xornadas micoloxicas CNT

Continuando coa campaña contra os recortes, a Rexional da Galiza da CNT convoca unha manifestación en Compostela para o sábado 10  de Novembro


Saida: as 12:00 horas desde a Praza Roxa.


Mitin final: as 13:30 horas na Praza de Cervantes.

 

Ë hora de loitar!, a por todas!

CNT convocará folga xeral o 14N contra a reforma laboral, os recortes, e o saqueo contra a clase traballadora

Desde o inicio da crise económica, a CNT defendeu a folga xeral como principal ferramenta da clase traballadora contra os ataques da banca e a patronal. Rexeitamos a negociación á que o sindicalismo de concertación chamaba ao goberno para suavizar a reforma laboral tras a folga xeral do 29M.

Terémoste sempre presente

Dende o Sindicato de Oficios Varios de Pontevedra queremos transmitir aos compañeiros de Compostela as máis profundas condolencias pola perda dunha compañeira tan destacada e exemplar coma Rosa Bassave. A memoria de esta muller valente hanos de server de guía e inspiración nas tarefas que enfrontemos.

Celebración do 1º de Maio en Pontevedra

A CNT de Pontevedra saíu á rúa o primeiro de maio nunha manifestación convocada xunto coa CGT. A marcha iniciouse na praza da Ferrería e contou coa asistencia dun nutrido grupo de afiliados e simpatizantes da mesma Pontevedra pero tamén procedentes da veciña vila de Marín, asi coma de outras: Vilagarcía, O Grove, Cambados, etc. Tamén se uniron membros da asamblea local do 15M, congregándose un nutrido grupo de manifestantes que dan boa mostra do interese que as propostas anrcosindicalistas despertan na nosa área de influencia.

Apoio ao Liceo de Estribela

Dende CNT-Pontevedra queremos expresar o noso apoio ó CSO Liceo de Estribela, e ás persoas que fixeron posible a creación deste novo centro social, rescatando un edificio condenado ó abandono e creando un espacio liberado e autoxestionado, organizado horizontalmente para e polo pobo.

Éxito rotundo da Folga Xeral en Pontevedra

Nesta xornada de Folga, o seguimento á mesma foi maioritario no sector do transporte e industrial, non sendo así no pequeno comercio e hostelería, como é o habitual.

Como ben sabedes, compañeiros deste Sindicato viñeron realizando piquetes durante toda a mañán en Pontevedra e Vilagarcía, impedindo a saída de autobuses das cocheras, etc.

Con respecto ás manifestacións, segundo fontes da prensa, o total de asistentes ás tres realizadas foi de 15.000 persoas. Concretamente, na convocada por nós conxuntamente coa CGT, asistiron máis de 1000 persoas, contando con amplia presencia do movemento 15M.

No traballamos a calquera prezo

Un ano mais a Asociacion Pola Defensa da Ría de Pontevedra organiza a marcha contra Celulosas, será o sabado día 5 as 19:30 dende as alameda

Por fin marcha Gago, a ver como pode caer mais baixo o proximo reptor

Despois de intentar calar calquer oposición, de intentar machacar ao delegado da CNT na Universidade de Vigo, Gago e os homes de Gago abandoan a Universidade.

Concentración: nin un recorte mais para a clase traballadora

O xoves dia 20 as 18:00 horas fronte a subdelegación do governo de Pontevedra os traballador@s da administración da CNT sumamonos aos demais sindicatos para esixir nin un recorte para a clase traballadora.