Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

Pontevedra

Manifestación 1º Maio en Vilagarcía de Arousa

1maioO vindeiro 1 de maio a CNT manifestarase en Vilagarcía de Arousa ás 12:00 con saída dende a Casa do Mar (Avda. da Mariña S/N). Nesta importante data a CNT fai un chamamento a clase traballadora para a loita e movilización na rúa coma resposta a crecente pérdeda de dereitos, o empeoramento das condicións de vida e o aumento descomunal do paro que no caso do Salnés alcanzou unhas dimensións dramáticas.

Acto de apoio a CNT Sevilla en Vilagarcía de Arousa

telepizzaEn solidariedade cos compañeiros da CNT Sevilla despedidos por Telepizza a CNT Arousa organizou un piquete informativo o sábado 9 de marzo ao mediodía as portas do local desta empresa en Vilagarcía, e sumouse así as accións que nese día desenroláronse no conxunto do Estado.

Crónica da concentración o día da Muller Traballadora en Vilagarcía

8marzoO 8 de marzo, no día da Muller Traballadora, a CNT Arousa fixo unha concentración en Vilagarcía baixo o lema “Iguais na crise, iguais na loita”. Foi o único acto de istas características celebrado na cidade con motivo desta importante data, o que doulle unha importancia maior. A concentración transcurreu dende ás 20:30 ata máis das 21:30, tempo durante o que berrouse contra o capitalismo, o Estado e pola loita das mulleres, ademáis de facerse chamamentos a folga xeral que foron secundados pola mocidade que transitaba pola praza.

8 de marzo: concentración en Vilagarcía o día da Muller Traballadora

08/03/2013 20:30

8marzoO vindeiro 8 de marzo celebrarase o Día da Muller Traballadora e a CNT fará unha concentración en Vilagarcía de Arousa ás 20:30 na praza de Galicia. Esta data persegue a concienciación polos dereitos de igualdade da muller con respecto ao home e a eliminación da opresión que aínda hoxe en día se continúa a exercer.

Crónica da concentración contra o paro do 15F en Vilagarcía de Arousa

concentracionO pasado venres 15 de febreiro a CNT movilizouse en Vilagarcía de Arousa ca celebración dunha concentración na praza de Galicia dentro da xornada de acción contra o paro convocada a nivel estatal. A dita cita asisteu a asemblea de parados de Vilagarcía e outros colectivos. Durante a concentración, que durou unha hora enteira dende ás 20:30 ata ás 21:30, berráronse consignas contra o paro e a precariedade laboral.

Concentración contra o paro en Vilagarcía de Arousa o venres 15 de febreiro

15/02/2013 20:30

15fA dramática situación da comarca do Salnés, na que existe un paro do 30% da poboación activa que supón máis de 15.000 persoas, e que ademáis non para de medrar cos constantes peches de comercios e empresas, esixe unha resposta da xente na rúa, fora das institucións feitas polo poder para afogar as demandas da clase traballadora.

Nun contexto no que o Estado é o principal responsable do empobrecemento do pobo a través dos seus crecentes impostos e recortes, e no que persiste en ser o máximo sostenedor e promotor do capitalismo para unha maior e millor explotación dos traballadores e traballadoras, a CNT movilizarase o vindeiro 15 de febreiro ca celebración dunha concentración ás 20:30 horas na praza de Galicia de Vilagarcía de Arousa, coma parte das accións que levaranse a cabo nese día no contexto da xornada de loita contra o paro que desenrolarase no conxunto do Estado pola central anarcosindical.

Crónica das conferencias Estudio del Estado con Félix Rodrigo Mora

vilagarciaO pasado sábado 2 de febreiro celebrouse no auditorio municipal de Vilagarcía de Arousa a conferencia Estudio del Estado con Félix Rodrigo Mora. Cabe destacar o notable éxito do acto ao lograrse encher a sala, destacando a asistenza dun importante número de xovenes. Por outra banda na conferencia pusose de manifesto a importancia do Estado como o principal inimigo do pobo, en tanto en canto é o principal promotor e sostén do capitalismo. Tamén fixose énfase na necesidade da revolución coma o único camiño para conquistar unha sociedade libre e igualitaria, sen Estado e sen capitalismo.

Conferencia Estudio del Estado con Félix Rodrigo Mora

O sábado 2 de febreiro terá lugar en Vilagarcía de Arousa, no auditorio municipal (Avda. da Mariña S/N), ás 17:00 a conferencia Estudio del Estado con Félix Rodrigo Mora. E o domingo 3 de febreiro en Pontevedra, ás 19:00, no salón de actos do edificio de sindicatos (Rúa Pasantería 1) repetirase dita confconferenciaerencia. Nela presentarase o libro do mesmo título publicado pola CNT e do que Félix é o seu autor. Incluimos unha breve descrición do contido da conferencia e unha semblanza do noso invitado.

Concentración de apoyo e solidariedade a CNT León polo conflicto FREMAP

Hoxe 28 de novembro, e en mostra do noso apoyo e solidariedade ca compañeira da CNT de León despedida de forma encuberta pola empresa FREMAP, uns compañeiros da CNT na comarca

Manifestación da CNT en Vilagarcía de Arousa o 14N as 20:00 horas, saída na Casa do Mar

Con motivo da folga xeral do vindeiro 14 de novembro o Sindicato de Oficios Varios da CNT de Pontevedra fará piquetes informativos ó longo de toda a xornada tanto en Pontevedra capital coma en Vilagar