Concentración e xuÃzo de Brais o 9 Feb à s 10 h en Fontiñas
Concentraremo-nos en solidariedade con Brais o 9 de Febreiro ( Martes-Terça Feira) às 10 h nos Xulgados de Fontiñas, con ocasión do xuízo contencioso-administrativo que se vai celebrar a continuación ao noso compañeiro, despedido desde o 26 de Febreiro do 2009, ao aplicar-se-lle a Addenda 11/07/06 firmada polos Sindicatos CC.OO.,CSIF e ANPE, minoritários no sector de Ensino Público.
Como saberedes o compañeiro Brais foi submetido neste proceso a unha total indefensión, pois abre-se-lle un expediente disciplinário (o mesmo que aos funcionários) e despois de case 9 meses de acusacións e recursos, a Consellaria de Educación sanciona-o con 20 dias de suspensión de emprego e soldo, mas como é interino-substituto, mercé a esa nefasta Addenda, é despedido e borrado das listas de interinos sen posibilidade de poder traballar.









