Desconvocada a concentraci贸n nos Xulgados de Betanzos
Compostela. 16 Xaneiro, 2010 - 11:02
A organización Esculca ven de informar da suspensión do acto en Betanzos ante o xulgamento de vários carcereiros por malos tratos e torturas no Centro Penitenciário de Teixeiro, dado que o xuizo será suspendido. O motivo da suspensión semella ser que os xulgados non citaron aos presos para asistir como testemuñas, no que se interpreta como un intento de manipular este xuizo e conseguir unha doada exculpación dos carcereiros. Finalmente, semella que os presos declararán via tele-conferéncia cando se celebrar o xuizo, que se agarda para dentro de mes e meio.








