Prensa obreira

Concentracions en solidariedade traballadoras en folga de Mercadona

A CNT convocou a movilizar-se o pasado sábado dia 8 de Abril con concentracións e accións contra Mercadona en todo o estado en solidariedade cos nosos compañeiros e compañeiras en folga no centro Loxístico de Catalunya, pola readmisión dos despedidos e a liberdade sindical.

A CNT convocou a movilizar-se o pasado sábado dia 8 de Abril con concentracións e accións contra Mercadona en todo o estado en solidariedade cos nosos compañeiros e compañeiras en folga no centro Loxístico de Catalunya, pola readmisión dos despedidos e a liberdade sindical. Na Galiza realizaron-se concentracións en Oleiros (A Coruña) e nos dous estabelecementos da empresa en Pontevedra. O obxectivo era informar aos traballadores e traballadoras e ao público en xeral, das práticas anti-sindicais que desenvolve a empresa e a vendida dos sindicatos amarelos UGT e o próprio de Mercadona. Repartiron-se centos de panfletos, colaron-se pegatinas nas critaleiras e megafoneou-se cara o interior dos centros, provocando nun dos estabelecementos de Pontevedra a saída dun encarregado e o conseguinte enfrontamento.

Seguiremos coas accións se a empresa segue coa sua aptitude anti-sindical e anti-CNT. Facemos un chamamento à axuda solidária e económica de todas e todos, pois os compañeiros e compañeiras de San Sadurni d'Anoia levan máis de 12 dias de folga xeral e a situación é de gravidade, xa que como todos sabedes a empresa leva esquirois de outros lados de Catalunya e Levante para rachar a folga.

Solidariedade.

CNT-Galiza