Prensa obreira

CNT Galiza fleta autobuses para xornada de luita contra a reforma laboral o dia 1 de Abril

Se queres participar coa cnt de esta xornada de luita ponte en contacto co teu sindicato mais cercano.
Hai xa case once anos desde a primeira grande reforma laboral do PSOE.

Desde entón teñen empiorado ainda mais as condicións de tra-ballo e reducido os direitos sociais, tanto con governos socialistas como do PP.Agora que de novo governa o PSOE toca facer outro “axus-te do mercado laboral”, que como sempre, recairá sobre as costas dos traballadores e traballadoras.

A nova reforma laboral do PSOE tamén se anuncia para “nosa mellora”. Pero cando nos fixamos no que propón, o que vemos é o seguinte: Facilitar os despidos colectivos, que non necesitarán autorización administrativa e que tampouco terán que ser negociados. Despedir a cen persoas vai ser tan fácil como despedir a unha. Xeraliza-se para todos os traballadores e traballadoras o contrato indefinido que só terá unha indemnización de 33 días por ano traballado en caso de despido improcedente, con un máximo de 24 mensualidades. (O actual xenérico é de 45 días de indemnización por ano traballado con un máximo de 42 mensualidades) Os despidos nulos por defecto de forma , equiparán-se aos improcedentes, co cal o empresário non terá a obrigación de readmitir ao traballador inxustamente despedido.

Tamen aumentan substanciosamente as subvencións e bonificacións aos empresários. Legalizan-se as empresas privadas de contratación con ánimo de lucro, que ademais poderán ser contratadas polo INEM. Potencian-se as ETTS (empresas de traballo temporal) En troca, as cousas que poderian ser positivas para os traballadores e traballadoras son mínimas ou fican tan só como promesas vagas: Promesa de estabelecer medidas para evitar o encadeamento dos contratos temporais Promesa dunha nova regulamentación do contrato de obra e servizo.

Insignificantes melloras no subsidio de desemprego que só afectan aos traballadores maiores de 45 años sen cargas familiares (se lles amplia en 6 meses o subsídio) Portanto, qué facemos? Ficamos á espera de que nos coloquen esta reforma e nos que-damos tranquilos cando na tele nos digan que é polo noso ben? Ti cres que a eses señores que se xuntan en Madrid a negociar como traballamos os demais, importa-lles algo como vivemos? A CNT non acredita en que o camiño da economia teña que ser o que nos marcan desde a patronal e o governo.

Os traballadores e traballadoras temos que nos defender e dar valor ao noso traballo e os nosos direitos.

Todas a Madrid

É por isto que se organiza unha xornada de luita contra e reforma laboral en Madrid que incluira as seguintes actividades:

12:00 Saida da Manfestación desde Avda. ALBUFERA (Metro Portazgo)
14:00 CHegada da Manifestación a Jardín campo del toro.

MITIN de conclusión da manifestación.

14:30 Abre-se a barra con cervexas, refrescos y bocadillos. Puesto de
difusión. Animación de rua, teatro, malabares, etc

16:00 Inicio do MITIN - FESTA

Oradores: Luis Fuentes, José Luís Palacios, Manoli, Rafael Corrales y
Antonio Baena.

Músicos: Quique Babas - Windsurfin - El hombre delgado- Moakara (bomba de
reflexión masiva) - Minister - Sin Dios - Puagh - e sorpresas e
colaboracions.

Presentadores: Moncho Alpuente e Quique Babas
24:00 Fin do acto

SE QUERES VIR A MADRID PARA PARTICIPAR COA CNT DE ESTA XORNADA DE LUITA PONTE EN CONTACTO CO TEU SINDICATO MAIS CERCANO CANTO ANTES. Todas as activiades seran os dia 1 de abril de 2006 e Madrid.