Prensa obreira

Concentracion no mercadona de Pontevedra en solidariedade cos despedidos

Este sabado dia 25 de marzo CNT de Pontevedra convoca unha concentracion diante do supermercado de pontevedra en solidariedade cos traballadore despedidos do centro logistico de Mercadona en Barcelona. As accions de protestas continuaram e iran aumentando mentres non se solucione este conflito. CNT cria a Sección Sindical con maior afiliación no Centro Loxístico de Cataluña de Mercadona, ubicado en Sant Sardurni d’Anoia, que abastece aos supermercados de Cataluña con unha plantilla superior a 2000 persoas e a empresa resposta coa suspensión de emprego e soldo de 7 dias ao secretário xeral da Sección sindical e con 4 despedidos.

Mercadona Acosa

A situación de extrema explotación laboral, que ven denunciando a CNT desde fai máis dun ano en diversos centros de Mercadona do estado español ; fomentada por un Convénio Colectivo de Empresa firmado por UGT e o Sindicato Independiente de Mercadona, “Sindicatos” compostos na empresa unicamente por delegados sindicais que –à vez- ocupan cargos de dirección na Empresa.

A actitude caciquil, racista, xenófoba e prepotente da directiva do Centro Loxístico provocou unha situación de conflitividade ao límite no seio do colectivo de traballadores e traballadoras de Mercadona.

A actividade levada pola CNT foi de información constante e rigurosa, a pesar da represión patronal, aproveitando a media hora de descanso (que, segundo o convénio de Mercadona non é traballo efectivo e portanto non é remunerada) para pendurar cartaces e explicar as nosas propostas e os problemas que temos.

A represión sindical non tardou en aparecer, e coaccionou-se ao conxunto dos traballadores para non afiliar-se a CNT. Como as traballadores seguen a loitar polos seus direitos, a directiva muda a táctica e comeza por sancionar ao Secretário Xeral da Sección Sindical e despedir a 4 compañeiros máis.

A CNT lembra que a Liberdade Sindical non é un feito até que se exerce, por moito que a Lei poda defendé-la. E por isso a anarcosindical loitará pola readmisión dos despedidos, a retirada das sancións e o respecto ao libro exercício sindical das delegadas da Sección Sindical

Exiximos medidas de seguridade, readmisión dos delegados sindicais despedidos, cese do acoso laboral, mobbing sindical e discriminación ideolóxica por parte da dirección da empresa.

READMISIÓN DESPEDIDOS BARCELONA !
VIVA A SOLIDARIEDADE OBREIRA !
AS ACCIONS CONTINUARASN ATE A SOLUCION DO CONFLITO!