Prensa obreira

Comunicado en solidariedade co juizo polo asesinato de Jose Couso

Sentimos indignacion...
Queremos manifestar a nosa indignación polo acontecido na Audiencia Nacional en relación co caso de asasinato de José Couso, o cámara de televisión fatalmente falecido en Bagdag un 8 de abril. A decisión de pechar o caso sobre a base de que se trata "dun acto de guerra contra un inimigo erroneamente identificado", é unha burla a todas as persoas que vimos cómo a dotación do tanque pensou várias veces se disparar ou non, procesou a información, enfocou e atirou face unha xanela do Hotel Palestina, que era a sé da imprensa internacional.

Jose Couso Asesinado

A Sala Segunda do Penal da Audiencia Nacional, ao pechar este caso de asasinato, o que fai é mostrar às claras a hipocresia e o medo que se lles ten aos USA. A frase "inimigo erroneamente identificado" serve como aviso para todo periodista que se atrevan a escreber e informar ou gravar pola sua conta sen ir co top-manta do exército dos USA.

A CNT quere manifestar todo o seu apoio à família e amigos de José Couso, que contará coa nosa solidariedade até onde faga falta, pois precisamos de persoas como José Couso que nos fagan ver o que resulta incómodo para os poderosos.

Sabemos que hai moitos máis que como el que se están a xogar a vida neste momento en todas as guerras do mundo, e temos que conseguir que podan facer o seu labor libremente e con garantias.

Todas as guerras ocultan unha realidade que non entende de resolucións de "direitos humanos" ; en todas as guerras hai danos colaterais que resultan ser pobo traballor, xentes do común, inocentes collidos entre os intereses dos Estados ; en todas as guerras hai abusos, torturas nos cárceres, ataques indiscriminados contra os civís… e, cómo non, tamén hai ataques a xornalistas por "ir onde non lles chaman", "por meter os narices onde non lles importa"… Ese é o argumento e iso foi o que aconteceu con José Couso e tamén con moitos outros (demasiados) como Taras Protsyuk. Eles nos mostraban a nós o que outros non querian que viramos e esa foi a sua condea a morte.

A senténcia da Audiencia Nacional é un aviso para navegantes para que calen os xornalistas que son os nosos ouvidos e os nosos ollos.

Solidariedade na luita!