Prensa obreira

Charla: Curuxas, o ultimo guerrilleiro?

curuxas o ultimo guerrilleiro?
Nova accion no ambito da recuperacion da nosa historia.

Este xoves dia 23 de Marzo de 2006, ás 19:30 da tarde, dentro das diversas accións que ultimamente estamos a realizar a CNT pola recuperación da nosa historia, temos o pracer de apresentar a Carlos Parrado que nos falará de:

Curuxás, o último guerrilleiro?

Mas quem era esta persoa, este luitador?
Ramón Rodríguez Varela naceu en Toques en 1904, e fixo parte do Sindicato Mineiro da CNT en Lousame. A partir de 1936 acada sona como guerrilleiro baixo o alcume de “Curuxás”. A súa primeira acción de envergadura foi roubar a nómina da mina o 14 de Abril de 1937. No 1941 escapa dunha ciada na sua casa familiar matando un garda civil. Andou cun grupo vencellado ás sociedades agrarias e obreiras polas terras do Alto Ulla, na A Golada e no Barbanza. Colaborou coa IV Agrupación do Exército Guerrilleiro e cos restos do Grupo Neira.

Como puido morrer Curuxás de morte natural en Toques no ano 1967? Como puido sobrevivir a ditadura franquista, á sua represion durante mais de 30 anos?

O acto tera lugar en compostela na rua garcia prieto 24-28, o dia xoves 23 de marzo de 2006 sobre as 19:30 horas.