Prensa obreira

Outra reforma laboral? Toca-nos mover!

Outra nova reforma laboral esta xestando-se. Toca-nos reaccionar, mover-nos.
Hai xa case once anos desde a primeira grande reforma laboral do PSOE.

Desde entón teñen empiorado as condicións de tra-ballo e reducido os direitos sociais, tanto con governos socialistas como do PP.Agora que de novo governa o PSOE toca facer outro “axus-te do mercado laboral”, que como sempre, recairá sobre as costas dos traballadores e traballadoras.

Outra reforma? Toca-nos mover

Todas as reformas laborais foron-se planteando co teorico obxectivo de criar mais postos de traballo, reducir a temporalidade nos contra-tos, reducir a siniestralidade, dar traballo a colectivos desfavorecidos... pero conseguiu-se algo disto? Os empresários conseguen en cada reforma laboral que os despidos lles saian máis baratos, maiores subvencións à contratación, pagar menos à seguridade social, que se lles reduza o imposto de sociedades; conseguiron a implantación das ETTs; conseguen tipos de contratos axustados as suas necesidades, que tratan ao traballador como se fora propriedade da empresa e non tivera vida própria; conseguiron plena impunidade para eludir a responsabilidade polas mortes no traballo.

Todo iso porque nos fixeron crer aos traballadores que para que teñamos traballo a marcha da “empresa” debe ser cada vez mais competitiva, máis produtiva, máis barata... si, pero qué sacamos nós diso? Temos a taxa de mortos e feridos no tra-ballo máis alta de Europa.Temos tamén o maior número de contratos temporais. A xornada de traballo non só se reduciu, senón que aumentou. A grande maioria dos traballadores non se lles aplica o convénio respectivo, senón unhas condicións moi por debaixo do que marcan estes. O fraude no uso dos contratos temporais é xeralizado e ademais é tolerado pola adminis-tración. O despido é libre na prática. Os salários crecen por debaixo da inflacción real. Así que, efectivamente, despois das reformas laborais máis xente traballa, pero de forma moito máis precária, por menos salário, con menos direitos, traballando moitas máis horas das que se cobran... para isto serviron as reformas laborais que ian ser tan magníficas?

A nova reforma laboral do PSOE tamén se anuncia para “nosa mellora”. Pero cando nos fixamos no que propón, o que vemos é o seguinte: Facilitar os despidos colectivos, que non necesitarán autorización administrativa e que tampouco terán que ser negociados. Despedir a cen persoas vai ser tan fácil como despedir a unha.

Abaratar os despidos. Xeraliza-se para todos os traballadores e traballadoras o contrato indefinido que só terá unha indemnización de 33 días por ano traballado en caso de despido improcedente, con un máximo de 24 mensualidades. (O actual xenérico é de 45 días de indemnización por ano traballado con un máximo de 42 mensualidades) Os despidos nulos por defecto de forma , equiparán-se aos improcedentes, co cal o empresário non terá a obrigación de readmitir ao traballador inxustamente despedido.

Aumentan substanciosamente as subvencións e bonificacións aos empresários. Legalizan-se as empresas privadas de contratación con ánimo de lucro, que ademais poderán ser contratadas polo INEM. Potencian-se as ETTS (empresas de traballo temporal) En troca, as cousas que poderian ser positivas para os traballadores e traballadoras son mínimas ou fican tan só como promesas vagas: Promesa de estabelecer medidas para evitar o encadeamento dos contratos temporais Promesa dunha nova regulamentación do contrato de obra e servizo.

Insignificantes melloras no subsidio de desemprego que só afectan aos traballadores maiores de 45 años sen cargas familiares (se lles amplia en 6 meses o subsídio) Portanto, qué facemos? Ficamos á espera de que nos coloquen esta reforma e nos que-damos tranquilos cando na tele nos digan que é polo noso ben? Ti cres que a eses señores que se xuntan en Madrid a negociar como traballamos os demais, importa-lles algo como vivemos? A CNT non acredita en que o camiño da economia teña que ser o que nos marcan desde a patronal e o governo.

Os traballadores e traballadoras temos que nos defender e dar valor ao noso traballo e os nosos direitos.

Como bases de negociación a CNT propón:
• Cumprimento estrito da normativa de seguridade e hixiene e exixéncia de responsabilidades aos empresários polo seu incumprimento.
• Redución da xornada laboral sen merma de salário.
• Eliminación de horas extras, destallos e pluriempregos.
• Descenso da idade de xubilación aos 55 anos.
• Contratación de tod@s @s traballadores mediante contrato fixo.
• Eliminación das subcontratacións e integración en plantilla d@s traballador@ s subcontratad@ss.
•Eliminación das ETTs.
• Readmisión en caso de despido improcedente.
• Subidas salariais lineares

Na CNT pensamos que se pode frear toda avalancha anti-obreira, que podemos facé-lo e que temos que facé-lo. Se non nos movilizamos, nuns anos, terán desaparecido todos os direitos laborais conseguidos ao longo de moitos anos de loita e reivindicacións, que é o que pretende a patronal e ao que se pregan o governo e as cúpulas das corporacións sindicais
TRABALLADOR,TRABALLADORA ORGANIZA-TE E LOITA AFILIA-TE À CNT
A CNT en Marcha,
A CNT en Loita
Outra forma de facer sindicalismo

www.cnt.es