Enquisa HostaleríaDigna

CNT concéntrase diante do Hotel Araguaney, propiedade da patronal HOTUSA, en solidariedade coas despedidas en Xetafe

 

  • A SUBCONTRATA DO HOTEL EXE GETAFE DESPIDE A 8 CAMAREIRAS DE PISO TRAS ORGANIZARSE COA CNT

A subcontrata EXEO do hotel EXE Getafe (da cadea HOTUSA) despide a 8 camareiras de piso despois de organizarse como sección sindical na CNT para loitar contra os abusos. En dous anos traballando no hotel, as traballadoras pasaron por tres subcontratas diferentes e agora, apenas 4 meses despois de empezar no sindicato, subcontrata e hotel despiden de forma fulminante a todas as empregadas significadas.

O pasado 16 de Febreiro, as camareiras de piso do hotel EXE Xetafe (pertencente á cadea HOTUSA Regia Hoteles, propietaria tamén dos hoteis Eurostars) fomos subrogadas pola terceira subcontrata en menos de dous anos. É neste momento é cando decidimos organizarnos, posto que a anterior subrogación estivo infestada de irregularidades e perda de dereitos, entre outros a antigüidade. Fixémolo na CNT, posto que xa coñeciamos a compañeiras da Federación Comarcal Sur de Villaverde, a través do traballo conxunto coas Kelys, asociación á que algunhas de nós pertencemos.

O primeiro que fixemos, tras estudar a nosa situación laboral e o noso sector, foi constituírnos como sección sindical para empezar a plantar cara á explotación tan crúa que sufrimos no noso traballo: convenio e salarios miserables, horas extras obrigatorias e non remuneradas, destaxos...

Neses primeiros días, denunciamos que os nosos contratos estaban en fraude de lei (obra e servizo, sen especificar en que consistían e sendo o noso traballo continuado e imprescindible para o normal funcionamento do hotel). Unhas semanas despois, a nova subcontrata, EXEO Servizos Integrais S.L., sabendo que perdería o proceso xudicial en marcha, non tivo máis remedio que recoñecelo, pasando a ser indefinidas e recuperando a antigüidade que perderamos de maneira ilegal no anterior proceso de subrogación.

EXEO, que ao principio era todo boas intencións e boas palabras, comezou a amosar a súa verdadeira cara tras coñecer a existencia da nosa sección sindical. Así, a petición dun alto cargo de HOTUSA, despediu á gobernanta, afiliada do sindicato, colocando no seu lugar a unha nova gobernanta submisa á empresa, encargada de despregar toda a súa estratexia de represión sindical e xogo sucio con sorprendente habilidade: ameazas de despedimento, sobrecarga de tarefas, prohibicións sen sentido, acoso laboral, sabotaxe do noso propio traballo, trampas de todo tipo, intentos para pór na nosa contra ás e aos compañeiras do hotel para romper a nosa unidade, falando mal a unhas das outras, por facer un resumo.

Neste clima de hostilidade, que foi crecendo progresivamente, chegamos a ter até dúas reunións con EXEO. Na primeira delas, o 22 de Maio, momento no que a nova gobernanta apenas levaba uns días no posto, chegamos a algúns principios de acordo: fin do traballo a destaxo, cumprimento das 8 horas de xornada e horas extras remuneradas, modificación do horario ou calzado homologado.

Nas seguintes semanas puidemos comprobar que as verdadeiras intencións de EXEO eran gañar tempo para tentar contrarrestar a nosa acción, mentíndonos descaradamente en numerosas ocasións. Froito da mala xestión do traballo por parte de EXEO e a súa gobernanta, HOTUSA decide nalgún momento de Xuño romper o contrato coa subcontrata, pero chegando a un acordo entre empresas: despedir a todas as traballadoras que nos significamos na CNT, evitando a subrogación con outra futura E.T.T. Así, dunha patada bótannos á vez da empresa EXEO e do propio hotel, despois de máis de dous anos de servizo, aguantando carros e carretas.

NENGÚN ACOSO NEN DESPIDIMENTO SEN RESPOSTA

CNT EN LOITA!