Enquisa HostaleríaDigna

Médicos Sin Fronteras, condenada por impor unha cláusula abusiva ao seu plantel de captación de socias/os.

 

 

  • A organización despedía sen pagar indemnizacións ao incluír unha cláusula de rendemento mínimo abusiva nos contratos das traballadoras e traballadores que se adican a captar persoas socias.

A organización Médicos Sin Fronteras ven de ser condenada a eliminar a cláusula que lle permitía despedir ao seu persoal sen pagar ningún tipo de indemnización e sen preaviso. Dita cláusula, establecía como falta disciplinaria o non acadar as 6 novas altas semanais.

A CNT denunciou esta cláusula coma abusiva e por tanto nula a finais do ano 2015, ao entender que ese número de altas era de case imposible cumprimento tal e como indicou a pericial sociolóxica encargada. Os datos amosaban que 9 de cada 10 persoas non acadaban ese rendemento mínimo.

 

Desde o sindicato, salientan que «todas as organizacións teñen cláusulas similares nos seus planteis de captación de fondos» e que esta sentencia «marca un antes e un despois no sector».

Tras varias dilacións provocadas pola empresa ao non entregar a proba requerida no xulgado, o Tribunal Superior de Xustiza emitiu a súa primeira sentenza na que absolvía á demandada por considerar que non existía un conflicto xurídico. Meses despois, o Tribunal Supremo desdicía ao ente galego que, agora sí, falla a favor da sección sindical de CNT en Médicos Sin Fronteras.

A sección sindical indica que «esta sentenza afecta a todo o lobby da captación de fondos, chamado Asociación Española de Fundraising, que xa amosou a súa preocupación cando trouxeron a declarar no xuízo ao seu presidente, vinculado tamén coa captación de fondos na ONG World Vision», e que «esta sentenza obriga a mudar de sistema a un sector que move moitísimos millóns de euros cada ano».

O sindicato calcula que nos últimos anos producíronse case 1000 ceses en Médicos Sin Fronteras a nivel estatal usando a cláusula que agora a xustiza declara nula e espera que a empresa acate a sentenza e deixe de vulnerar os dereitos das traballadoras e traballadores.