Enquisa HostaleríaDigna

Información sobre as posibilidades de demanda do profesorado interino e substituto ante os seus ceses a fin de curso

 

  • Charla informativa o mércores 4 de xullo ás 18.00 h. na sede sindical da CNT de Compostela (R/García Prieto, 24-28)

 

O Tribunal Supremo vén de declarar, a raíz dunha demanda presentada na Comunidade Autónoma de Murcia, a nulidade dos despedimentos do profesorado interino non universitario que, con data de 30 de xuño, se producen todos os anos. A sentenza establece que esta práctica expón “sen ningunha dúbida a desigualdade de trato do profesorado interino” e que os ceses a data de 30 de Xuño vulneran “o principio de non discriminación que debe rexer a contratación no sector público”.

Este mércores 4 de xullo ás 18:00 na sede sindical da CNT de Compostela realizarase unha charla informativa sobre as estratexias para conseguir a nulidade dos ceses no periodo de verán do profesorado interino e substituto galego

Esta reunión está dirixida a todo o persoal interino ou substituto do ensino da Galiza. Nela poremos en común a información existente sobre as prácticas ilegais por parte da administración, trataremos de resolver as dúbidas das persoas asistentes, presentaremos as problemáticas máis comúns e plantexaremos alternativas de actuación e as posibles estratexias xurídicas que se poden afrontar.

Non faltes, o teu futuro está en xogo!

Se non puideses asistir contáctanos a través de calquera dos mails:  compostela@cntgaliza.org // galiza@cntgaliza.org

Info afiliación en: http://www.cntgaliza.org/?q=afiliate