Enquisa HostaleríaDigna

A CNT demanda a INTERCENTROS BALLESOL por cantidades e por despedimento

  • O despedimento prodúcese despois de que o traballador reclamase a indefinición do seu contrato

  • A CNT presenta tamén unha demanda de cantidades por outras débedas económicas

 

A CNT interpón dúas demandas contra a empresa Intercentros Ballesol SA, empresa que xestiona un grupo de residencias de maiores presente en todo o Estado.

 O traballador despedido foi contratado cun contrato temporal de tres meses sen causa que o xustificase, polo que desde a CNT «se procedeu a reclamar o carácter indefinido da relación laboral», toda vez que, segundo a central anarcosindicalista «un contrato de tres meses de duración para cubrir un posto permanente na empresa non parece que teña outra finalidade máis alá de alongar o periodo de proba e xogar co medo a non ser renovado como coacción para manter unhas condicións laborais precarias».

 Para a CNT a non renovación do contrato temporal unha vez expirada a súa vixencia «non pode aceptarse como un medio válido para dar por finalizada a relación laboral dende o mesmo momento en que a mesma presenta carácter fraudulento» e alegan que en realidade este despedimento prodúcese como consecuencia de ter reclamado a indefinición do contrato.

 Asimesmo, a CNT tamén presentou unha demanda de cantidades contra a mesma empresa motivada polas débedas que está mantén co traballador despedido, posto que Ballesol «non lle pagaba ao conciliante nin a parte proporcional das pagas extraordinarias nin os pluses fixados no convenio colectivo, con especial referencia ó plus de asistencia».

 A CNT insiste en que «as prácticas precarizadoras das empresas deben rematar», pois supoñen non so unha importante perda económica e de seguridade para os traballadores e as tarballadoras, senón que tamén «repercuten na perda de calidade do servizo que se ofrece en cuestións tan básicas como a atención aos nosos maiores».