Enquisa HostaleríaDigna

Importante novidade no emprego público temporal

  • Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) ven de determinar as indemnizacións en caso de despedimento para o persoal público temporal
  • Para percibir a indemnización será necesario demostrar a fraude na contratación antes do cese

Todos os empregados e empregadas públicas temporais que traballan para a Administración Pública non serán indemnizados en caso de despedimento se previamente non se recoñece a fraude na contratación, é dicir se non se adquire a condición de persoal indefinido. Polo tanto, para poder cobrar indemnización de 20 días por ano en caso de despedimento é imprescindible demandar antes do cese a condición de indefinido/a.

Nunha sentencia inicial, publicada en setembro de 2016, o tribunal determinou que non existía razón obxectiva para "xustificar a negativa" a que o persoal interino non tivese a mesma indemnización que un indefinido. Agora, o TXUE cambia o seu criterio e determina que non existe discriminación, polo que avala que existan indemnizacións diferentes: o persoal indefinido cobrará 20 días de indemnización por despido por causas objetivas; o temporal, 12 días e o interino, cero.

Esta medida afecta a todo o persoal público de carácter temporal, sexa laboral (temporais interinos por listas ou de obra) estatutario ou funcionario interino de calquera Administración Pública. Moito persoal cubre postos de carácter estrutural na Administración con contrato temporal, esta fraude na contratación ao ser reclamada xudicialmente fai que o persoal obteña a indefinición do vínculo laboral.

Desde CNT vimos recomendando ao persoal temporal (laboral e funcionario) SEMPRE a reclamación da indefinición do vínculo laboral ANTES DO CESE. A indefinición é unha situación máis ventaxosa respecto dos dereitos e, incluso moi relevante para a determinación da inclusión en procesos de Consolidación e Estabilización do persoal temporal. E agora, froito da determinación do TXUE é tamén importante en caso das indemnizacións por despedimento que se establecen so para este persoal indefinido en cuantía de 20 días por ano traballado.

Sentenza en: http://curia.europa.eu/juris/document/document.jsf?text=&docid=202546&pageIndex=0&doclang=es&mode=req&dir=&occ=first&part=1&cid=298264

 

Info afiliación en: http://www.cntgaliza.org/?q=afiliate

 

Contacto:

Sección Sindical de CNT na Xunta de Galicia
sindicato-cnt@xunta.gal // galiza@cntgaliza.org
www.cntgaliza.org/?q=xunta