Enquisa HostaleríaDigna

Nova delegada na Sección sindical de CNT na Xunta de Galicia

Xunta

  • A sección de CNT referencia para a defensa dos dereitos de conciliación.
  • Actualmente, CNT céntranse nos procesos de Consolidación e Estabilización que afectan ao persoal de carácter temporal.

 

Seguindo os criterios sobre rotación dos cargos establecidos no sindicato CNT, na Sección sindical na Xunta de Galicia vimos de efectuar o relevo na delegación da Sección ocupando agora o posto a nosa compañeira Mar da Consellería de Sanidade, elixida por unanimidade pola asemblea da afiliación.

Desde a Sección de CNT, agardamos poder continuar o constante labor que vimos desenvolvendo na Xunta de Galicia nos últimos tempos.

Unha traxectoria que nos convirtie nunha referencia para o exercicio pleno dos dereitos de conciliación. Sendo varios os compañeiros da Sección de CNT que conseguiron estender os seus dereitos de teletraballo e flexibilidade horaria ata o máximo legalmente establecido. Éxitos dos que damos cumprida conta e dos que demos todos os detalles nas charlas informativas organizadas sobre os dereitos de conciliación.

Actualmente, a actividade da CNT na Xunta céntranse nos procesos de Consolidación e Estabilización que afectan ao persoal de carácter temporal. Consideramos fundamental o labor de difusión de información e asesoramento realizado nos últimos meses. Neste sentido, elaboramos un documento informativo sobre os procesos de Consolidación e Estabilización que explicamos detalladamente en varias charlas informativas.

Son moitas compañeiras e compañeiros que tras determinar a súa situación particular dan lugar a distintas tipoloxías de reclamacións xudiciais. Por un lado, ás derivadas das irregularidades na contratación da Xunta orixinan reclamacións de indefinición da relación laboral que afecta tanto a persoal laboral como a persoal interino funcionario. Por outro lado, traballamos nas reclamacións colectivas e particulares á respecto do proceso de Consolidación aplicable ao persoal laboral anterior á 2005, do que a Xunta está excluíndo innumerables traballadores e traballadoras públicas.

Por último, a delegada da Sección de CNT anima a todo o persoal da Xunta a "exercer con liberdade e de maneira plena os dereitos dispoñibles", especialmente ao persoal temporal “quen debería moverse de inmediato”. Lembrando que “xuntas somos mais fortes” fai un chamamento a todo o persoal a afiliarse e participar na Sección sindical de CNT na Xunta de Galicia.

 

Afíliate! http://www.cntgaliza.org/?q=afiliate

 

Sección Sindical de CNT na Xunta de Galicia

sindicato-cnt@xunta.gal // galiza@cntgaliza.org

www.cntgaliza.org/?q=xunta