Enquisa HostaleríaDigna

CNT Compostela abre as XXVI Xornadas Libertarias cun acto paródico sobre o turismo

  • CNT Compostela realiza un acto na Praza de Cervantes en contra do turismo masivo.

A CNT de Compostela realizou hoxe, domingo 14 de maio, un acto reivindicativo na Praza de Cervantes da vila. O acto, que foi publicitado coma o "Día del Turista" e do que se fixeron eco diversos medios, contou cunha performance completamente paródica ao son do "Americanos, os recibimos con alegría", ante o estupor da poboación que se achegou á praza.

O acto pensouse coma un inicio publicitario para as Xornadas Libertarias da CNT, que en Compostela cumpriran a súa vixésimo sexta edición ininterrumpida e que este ano levan como temática principal as revoltas do Maio do 68 rememorando o seu 50º aniversario. A reivindicación dunha praia en Compostela responde ao lema francés «sous le pavés, la plage!» (baixo os adoquíns, a praia!).

Co reclamo da comida de balde, xuntáronse ducias de persoas na zona vella de Compostela, que se estranaban dunha iniciativa «promovida por unha asociación turística» e xerou controversia entre as persoas críticas coa masificación do turismo en Compostela.

Nunca máis lonxe da realidade, pois a lectura do manifesto deixou claro o carácter irónico e sarcástico do acto, no que se indicou que se ía a «hablar en español, que así nos entendemos todos» e no que se propoñía que os turistas andiveran coa tarxeta de crédito na man «para así saber exactamente con quién hablamos», xa que hai que ter en conta que «los turistas dejan dinero en nuestra ciudad, que es lo importante».

Durante a lectura do manifesto, indicouse que «la competencia siempre es buena, nos alegramos de que cada vez haya más plataformas como BNB para que cada vez haya más plazas hoteleras. Yo creo que la zona vieja de Santiago debería preservarse y no vivir nadie, como pasa con las Cíes, allí no vive nadie y en Vigo nadie se queja. Esto daría muchos puestos de trabajo. Sería como un polígono industrial en medio de la ciudad. Un polígono industrial, pero bonito».

O acto finalizou coa reivindicación de crear unha praia fluvial no río Sar, nun acto no que o artista simulou unha praia e mesmo tivo a ben bañarse na fonte da praza. En declaracións posteriores, o artista declarou que a auga da fonte «non está máis fría que a do Atlántico».