Enquisa HostaleríaDigna

CNT demanda a Pórtico de Comunicaciones por fraude na contratación temporal

  • A persoa afectada encadeou ata 93 contratos temporais.
  • A empresa non recoñece a antigüidade real do traballador.

 Tras a sentenza que declara ilegal o ERTE presentado en 2017 por Pórtico de Comunicaciones dictada no mes de marzo, a CNT volve a comezar un conflito por fraude na contratación contra a mesma empresa, neste caso a favor dunha persoa afiliada que durante a súa relación laboral coa empresa encadeou ata noventa e tres contratos temporais.

 A empresa Pórtico, coñecida por realizar material audiovisual para a Televisión de Galicia, tratou de disfrazar unha relación indefinida nun contrato temporal, constituíndo isto un fraude, vendo que se encadearon case un cento de contratos cunha pausa de apenas uns días entre contrato e contrato.

 A CNT sinala que «da proba presentada extráese a unidade esencial do vínculo e a antigüidade dende o 26 de outubro de 1993, data do primeiro contrato da cadea. Sen embargo a empresa só recoñece a antigüidade dende o 23 de decembro de 2006, data do contrato indefinido, o 93º».

 O sindicato pon de manifesto que a única maneira de loitar contra estes e outros abusos aon a acción xurídica e a acción sindical, «e na CNT somos especialistas e únicos neste segundo termo».