Enquisa HostaleríaDigna

Burguer King recoñece a improcedencia do despedimento dun afiliado á CNT

A multinacional Burguer King chega a un acordo cun afiliado da CNT ao recoñecer que o seu contrato temporal era fraudulento e que o seu despedimento foi improcedente por ese motivo.

A persoa afiliada comezou a traballar para Burguer King o pasado 15 de xuño a través dunha empresa de contratación temporal, sendo incorporado ao plantel de Burguer King tres meses despois cun contrato temporal por circunstancias da producción.

O 8 de marzo, comunicouselle que o seu contrato remataba, poñendo á súa disposición unha indemnización ínfima e sen recoñecer a antigüidade real desde xuño do ano anterior.

O traballador púxose en contacto co sindicato, desde onde se interpuso unha papeleta de conciliación contra a empresa reclamándolle a improcedencia do despedimento ao existir un claro fraude de lei na contratación. Como moitas empresas, Burguer King aproveitase do descoñecemento da lexislación laboral de gran parte da poboación para realizar contratos temporais en situacións onde o contrato debe ser indefinido. Sendo un caso tan claro, Burguer King optou por recoñecer a improcedencia do despedimento e aboar unha indemnización superior ao afiliado.

Este soamente é un exemplo máis de que na hostalería tamén existen dereitos laborais que só se respetan se as persoas involucradas denuncian as irregularidades. Nun sector onde a precariedade é tan brutal, con xornadas que con moito exceden o máximo permitido, cunha alta temporalidade contractual sen xustificar, con contratos de media xornada que se converten en traballos de xornada e media diaria, a clase obreira non se pode quedar á espectativa.

O tan manido dito de que «sobran persoas para facer este traballo» non é tan certo como que sobran empresarios esclavistas que creen que poden facer o que lles pete impunemente.

Loita por unha hostalaría digna.