Enquisa HostaleríaDigna

Novo convenio no sector TIC

 

  • Tras nove anos de negociacións, CCOO e UGT firman no sector un convenio que empeora ao anterior.
  • A CNT convoca ás persoas afectadas por esta perda de dereitos colectiva a unha charla informativa o próximo día 12 de abril. Será no CSC Aurelio Aguirre (Conxo) en Compostela, ás 19:30.

O pasado 6 de marzo publicouse no BOE o convenio que se aplica maioritariamente nas empresas do sector TIC.

Despois de 9 anos de negociacións, CCOO como principal sindicato na mesa negociadora, decidiu non mellorar o convenio e ceder ante a patronal en puntos de suma relevancia. Durante case unha década non houbo chamadas á mobilización e a información que chegaba ao persoal do sector foi escasa. Antes do fin de 2017 a filiación do sindicato CCOO decide aprobar o acordo, a pesares de que a votación contou cunha participación inferior ao 30% e sendo os votos a favor menos da metade. Finalmente decántase a decisión que afecta a todo o sector. A CNT califica o resultado como «decepcionante» e indican que «se perdeu unha boa oportunidade para poñer un convenio á altura dun sector con tanta relevancia na economía actualmente».

A anarcosindical observa que «diversos aspectos do novo convenio son especialmente negativos e regresivos para as condicións de traballo no sector» e sinala os seguintes puntos:

  • Perda de poder adquisitivo: despois de 7 anos de conxelación salarial, as pequenas subidas sobre de salario convértense realmente nunha perda de poder adquisitivo con respecto a 2010 de ate un 10%.
  • Auméntase o período de proba de 3 a 6 meses. Desta maneira as empresas poden levar a cabo despedimentos sen xustificación con case 6 meses traballados.
  • Novo sistema de clasificación profesional: establécese un sistema de grupos profesionais ambiguo e con moitas subcategorías. Mantéñense categorías por baixo do coñecido como programador junior.
  • Inclúense cláusulas abertamente ilegais, como a que regula a realización de traballos de categoría superior. Segundo o convenio, se estes traballos se realizan para prepararse para un ascenso poden retribuirse segundo a categoría inferior, o que é manifestamente ilegal e da vía libre ás empresas para pagar salarios máis baixos.
  • Non se recollen melloras amplamente reclamadas como a reducción de horas anuais, regular guardias e disponibilidades, teletraballo ou medidas de conciliación.

A CNT considera este novo convenio un paso atrás que, sen embargo, non pode impedir que os traballadores e as traballadoras do sector avancen na mellora das súas condicións, polo que porá en marcha unha ampla estratexia sindical que, máis alá da denuncia dos constantes incumprimentos por parte das empresas, implicará a organización sindical empresa a empresa e a implementación de convenios e pactos de mellora.

Convócase a todo o persoal do sector informático a unha charla informativa o xoves 12 ás 19:30 no CSC Aurelio Aguirre de Conxo, en Compostela. Neste encontro tentarase pór en común as principais novidades do convenio, cando se aplica, e presentar a CNT como alternativa sindical de base de cara a mellorar as condicións nas empresas do ámbito TIC porque segundo a cetral sindical «cando os sindicatos de concertación claudican na defensa dos dereitos laborais na negociación colectiva dun sector, a única estratexia é a loita empresa a empresa para recuperar o perdido».

Novo convenio para o sector TIC

  • Tras 9 anos de negociacións CCOO e UGT conseguen un convenio peor
  • A CNT convoca charla informativa o próximo día 12 de abril
O pasado  6 de marzo publicouse no BOE o convenio que aplica maioritariamente nas empresas do sector TIC.

Despois de 9 anos de negociacións CCOO, o principal sindicato na mesa negociadora, decidiu non mellorar o convenio e ceder ante a patronal nalgúns puntos. Durante este tempo non houbo chamadas a mobilización e a información que chegaba ao persoal do sector era escasa. Antes do fin de 2017 a filiación do sindicato CCOO decide aprobar o acordo (tendo a votación unha participación inferior ao 30% e sendo os votos a favor menos da metade) finalmente decántase a decisión que afectara a todo un sector. A CNT  ven o resultado como "decepcionante" e indican que "se perdeu unha boa oportunidade para poñer un convenio a altura dun sector con tanta relevancia na economía actualmente".

A anarcosindical observa que “diversos aspectos do novo convenio son especialmente negativos e regresivos para as condicións de traballo no sector”::
- Perda de  poder adquisitivo: despois de 7 anos de conxelación salarial, as pequenas subidas sobre de salario convértense realmente nunha perda de poder adquisitivo con respecto a 2010 de ate un 10%.
- Auméntase o período de proba de 3 a 6 meses. Desta maneira as empresas poden levar a cabo despedimentos sen xustificación con case 6 meses traballados


 
- Novo sistema de clasificación profesional: establécese un sistema de grupos profesionais ambiguo e con moitas subcategorías. Mantéñense categorías por baixo do coñecido como programador junior.
- Non se recollen melloras amplamente reclamandas como: reducción de horas anuais, regular guardias e disponibilidades, teletraballo, medidas de conciliación, etc...


 
A CNT considera este novo convenio un paso atrás que, sen embargo, non pode impedir que os traballadores e as traballadoras do sector avancen na mellora das súas condicións, polo que porá en marcha unha ampla estratexia sindical que, máis alá da denuncia dos constantes incumprimentos por parte das empresas, implicará a organización sindical empresa a empresa e a implementación de convenios e pactos de mellora.

 Convócase a todo o persoal do sector informático a unha charla informativa o xoves 12 ás 19:30 no CSC Aurelio Aguirre de Conxo. Neste encontro tentarase por en común as principais novidades do convenio, cando se aplica e presentar a CNT como alternativa sindical de base de cara a mellorar as condicións nas empresas do ámbito TIC porque segundo a cetral sindical “cando os sindicatos de concertación claudican na defensa dos dereitos laborais na negociación colectiva de sector, a única estratexia é a loita empresa a empresa para recuperar o perdido”.