8M: folga xeral feminista

Información sobre os procesos de Consolidación e Estabilización na Xunta

Xunta

  • Charla informativa o mércores 4 de abril ás 17:30h. no salón de actos da Consellería de Sanidade en San Lázaro (Compostela)

Os procesos de Estabilización e Consolidación son convocatorias que pretenden reducir as altas taxas de temporalidade na Administración. Na OPE 2017 foi convocado parte do proceso de Consolidación, e recentemente ben de asinarse un acordo recollido no DOG 7-2-2018 para parte do proceso de Estabilización. Estes procesos afectan dunha ou doutra maneira a todo o persoal interino, e laboral temporal e indefinido que traballa para a Xunta.

Este martes 20 de marzo ás 11:30h. no salón de actos pequeno en San Caetano e o vindeiro xoves 22 de marzo  ás 11:30h. no salón de actos da Consellería de Sanidade en San Lázaro realizaranse sendas charlas informativas sobre os procesos de Consolidación e Estabilización.
Estas reunións está dirixidas a todo o persoal temporal (interino, laboral temporal e laboral  indefinido) afectado por estes procesos. Nelas poñeremos en común a información existente sobre os procesos de Consolidación e Estabilización na Xunta, trataremos de resolver as dúbidas das persoas asistentes, presentaremos as problemáticas máis comúns e plantexaremos alternativas de actuación.
Non faltes, o teu futuro está en xogo!
Se non puideses asistir contáctanos a través do mail: galiza@cntgaliza.org

CNT elaborou un documento informativo sobre os procesos de Consolidación e Estabilización de interese para todo o persoal temporal afectado por estes procesos.

Ante as peticións recibidas, celebrarase unha nova reunión informativa en HORARIO de TARDE onde trataremos de resolver as dúbidas das persoas asistentes, presentaremos as problemáticas máis comúns e plantexaremos as nosas recomendacións de actuación. Será o vindeiro mércores 4 de abril  ás 17:30h. no salón de actos da Consellería de Sanidade en San Lázaro. 

Non faltes, o teu futuro está en xogo!

 

Info afiliación en: http://www.cntgaliza.org/?q=afiliate

 

Contacto:

Sección Sindical de CNT na Xunta de Galicia
sindicato-cnt@xunta.es // galiza@cntgaliza.org
www.cntgaliza.org/?q=xunta