8M: folga xeral feminista

A CNT concéntrase diante de Time Road para esixir a readmisión da compañeira represaliada

  • Por terceira vez, a CNT visita as dependencias de Time Road para informar á veciñanza das prácticas da empresa.

Por terceira vez a CNT concéntrase diante da xoiería e reloxería Time Road en Compostela, desta vez para esixir a readmisión da compañeira do sindicato que foi despedida tras demandar á empresa polo pago dunha débeda que, por certo, aínda está pendente.

A concentración tivo lugar no centro comercial As Cancelas, onde centos de persoas presenciaron de primeira man a acción directa que o sindicato levou a cabo en defensa dos dereitos da traballadora. Repartíronse preto de mil octavillas informativas e mesmo algunhas persoas que se desplazaran ate o centro comercial para realizar unha compra en Time Road expresaron que a farían noutra tenda en solidariedade coa traballadora.

A CNT continuará coas concentracións e as campañas de información sobre as prácticas desta tenda en Compostela e no resto do estado, onde un plantel de preto de 400 persoas está sendo víctima das irregularidades laborais de Time Road.