8M: folga xeral feminista

A CNT demanda de novo ao Concello de A Guarda pola situación do Grupo de Emerxencias Supramunicipal

A CNT ven de demandar ao Concello de A Guarda como responsable da situación de ilegalidade que, ainda tras as últimas victorias conseguidas pola sección sindical, segue persistindo no Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da zona.

A sección sindical da CNT no GES de A Guarda denuncia o continuo incumprimento da lexislación, das sentenzas a favor logradas nos últimos anos e do convenio colectivo de persoal laboral do concello, polo que se rixen.

Así, reclámase a débeda que o concello mantén de forma discriminatoria con algúns membros do GES ao recoñecer e pagar o complemento de antigüidade ao que teñen dereito cada trienio a uns sí e a outros non. Isto dase incluso con persoas que teñen a mesma antigüidade e o concello non sabe (ou non quere) explicar a razón.

Por outra banda, en febreiro do ano 2017 os xulgados recoñeceron o dereito á reducción de xornada durante os meses de verán ou ao pago compensatorio e condenaba ao concello de A Guarda a solucionar a situación con efecto retroactivo desde o ano 2016. Coñecendo esta sentenza, o concello de A Guarda non so non compensou ao GES polo ano 2016, senon que mantivo a situación de ilegalidade durante o verán de 2017.

Finalmente, a sección sindical reclama a equiparación co grupo C2 de persoal laboral, tanto polas funcións que realizan como porque nin sequera está incluído en ningunha Relación de Postos de Traballo. O propio concello de A Guarda recoñece esta categoría de facto, por exemplo, en diversos certificados de servizos de varios traballadores e os requisitos de formación do concurso de acceso ao GES realizado polo concello son os mesmos que os de calquera concurso público do grupo C2. A non inclusión neste grupo supón unha importante merma no salario ao que teñen dereito os membros do GES.