Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

A CNT demanda á empresa de bisutería TIME ROAD por despedimento nulo

 

 

A empresa Time Road, adicada ao comercio de xoiería e bisutería, enfrontábase a un conflito sindical tras a demanda, o pasado novembro, dunha afiliada da CNT polo recoñecemento de salario e categoría que realmente lle corresponden.

Time Road realizou un despedimento disciplinario á traballadora que demandou o recoñecemento da súa categoría, co consecuente aumento de salario, o pasado mes de novembro. Non é algo extrano, mais aínda nos sorprende coma sindicato, a capacidade dalgunhas empresas para construir realidades que podan xustificar un despido disciplinario -sen indemnización, sen preaviso- deste calibre. En palabras da empresa “por graves y reiterados incumprimentos contractuais, que
son constitutivos de graves transgresións da boa fe contractual, así coma dun reiterado abuso de confianza no desenvolvemento do traballo que ten encomendado”.

O carácter falsario da acusación e a forma empregada por parte da empresa, desconsiderada, abstracta e inxuriosa fan que este sindicato se poña en marcha e poña toda a súa engranaxe no servizo da traballadora despedida. Dacordo á secretaría de acción sindical, «este despedimento é unha represalia ao exercicio dos dereitos da nosa afiliada».  Sinala a CNT que o despedimento nulo que se demanda suporía a «readmisión obligatoria da traballadora, e ademáis o abono dos salarios que deixa de percibir desde o momento do despedimento ate a súa efectiva reincorporación».

Tras varias concentracións informativas no centro de traballo, a CNT non dubidará en pasar ao seguinte nivel de denuncia pública para dar a coñecer o que fai a empresa Time Road.

Ademáis, pon en coñecemento do resto da plantilla que as prácticas de Time Road deixan moito que desexar, por exemplo «impoñendo contratos parciais de 22 horas cun pacto de ata 31 horas complementarias ao mesmo precio que ás regulares. Isto na práctica laboral supón unha perversión do convenio colectivo ao non pagar en nómina o plus de dispoñibilidade». Tamén sinala o sindicato que Time Road, independientemente da localización da tenda, aplica o «Convenio Colectivo para la industria siderometalúrxica de Barcelona», o que xeralmente repercunde nuns «salarios menores aos establecidos no ámbito xeográfico onde está a propia tenda». Entende CNT que Time Road non aplica o convenio correcto.

A CNT coordinará de forma estatal a todas as traballadoras e traballadores de Time Road que queran loitar polos seus dereitos.