Enquisa HostaleríaDigna

CNT Galiza considera abusivos os servizos mínimos na Xunta de Galicia

  • Os servizos mínimos que ofrece a Xunta de Galicia exceden por moito o esencial e inclúen servizos que nin sequera existen.

Nun acto meramente protocolario, a administración pública citou á CNT na mesa de negociación polos servizos mínimos do funcionariado. A postura do sindicato foi negociadora, máis ese non era o plan da Xunta de Galicia que soamente se sentou á mesa por imperativo legal e sen interese ningún.

Critica o sindicato que a propia proposta de servizos mínimos remitida pola Xunta «é un copia e pega de algunha folga anterior» xa que inclúen servizos que xa non existen, coma o transporte público a unha vila de oito habitantes en Ourense que se suspendeu hai anos.

No entanto, no sector da xustiza, respetaránse os servizos mínimos xa previstos na folga que paraliza os xulgados desde hai semanas.

Caso aparte é a Sanidade, onde sorprendentemente, os servizos mínimos propostos «superan con creces aos previstos en días festivos». Matiza o sindicato que «durante a xornada de folga, si se deben garantir os servizos mínimos esencias de urxencias, oncoloxía, tratamentos programados que podan causar grave perxuízo e asistencia hospitalaria. Fora destes servizos e relacionados, non debe haber servizos mínimos como por exemplo, o de cafetería».

Denuncia a CNT que a administración non está pensando en garantir o servizo sanitario, cuxos mínimos son precisos tanto en días feriados coma nunha folga. xa que por exemplo no caso dos centros de A Coruña, onde ese día é festivo local, apréciase unha notable disminución dos servizos que non se da noutros centros e que carece de explicación.

A CNT considera abusivos os servizos mínimos propostos e non se chegou a ningún acordo, xa que tampouco era vontade da administración negocialos.

A Confederación Nacional do Traballo tamén fai mención ao «desperzo de certos sindicatos de concertación que non van máis alá de convocar paros simbólicos de dúas horas, nomeadamente a CIG, cara á folga de 24 horas convocada polas centrais sindicais que desde a CIG se tratou de ridiculizar como "minoría sen importancia"».