Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

CNT Galiza considera que na CRTVG non deberían existir os servizos mínimos durante a folga

 

  • Na negociación polos servizos mínimos á que acudiu o sindicato este martes, a CNT mantivo que a televisión non é un servizo esencial.

  Citados pola patronal, os sindicatos -entre eles, a CNT- acudiron á negociación de servizos mínimos na que a proposta da empresa acumulaba a case 200 persoas.

 Na reunión chegouse a escoitar algo tan inverosímil coma que os deportes, o magacine da mañá ou o diario cultural son servicios esenciais que deben ser cubertos durante un día de folga xeral. Neste senso, tamén as maquilladoras dan un servizo esencial e polo tanto deben estar incluídas nos servizos mínimos.

 A CNT non pode nin considerar abusiva esta proposta. Según o sindicato, a televisión non é esencial e este é un caso evidente no que se perxudica o exercicio do dereito da folga das traballadoras e traballadores ao forzar uns servizos mínimos nunha área que non é necesaria en caso de colapso social ou emerxencia vital.

 A CNT tamén critica que a CRTVG, sendo esta unha folga feminista, nin sequera se comprometeu a deixar fora da lista de persoas que teñan que acudir obligatoriamente ás mulleres, chegando a indicar que lle gustaría realizar o programa "Bos días" soamente con presenza feminina.

 O concepto de servizo esencial do grupo audiovisual e o do sindicato é tan distante que non se chegou a ningún acordo e os servizos mínimos serán fixados por decreto.